David Reinero

Unha ducia de nomes de persoeiros en edificios (ou rotondas)

Hai uns días o Concello de Santiago bautizou o estadio municipal de San Lázaro co nome da futbolista Verónica Boquete e o BNG propuxo facer o mesmo con Castelao e a nova estación intermodal da cidade. Repasamos unha ducia de nomes de persoeiros dados a todo tipo de edificios (ou rotondas) por toda Galicia.

  1. 02

    Estación Castelao

    O BNG vén de propoñer darlle o nome de Castelao á futura estación intermodal de Santiago e o resto de grupos do Concello de Santiago deron o seu visto e prace no pleno municipal.

  2. 03

    Aeroporto Rosalía de Castro

    Tras unha petición unánime do Concello, Fomento aceptou hai dous anos que o aeroporto santiagués de Lavacolla pasase a chamarse Rosalía de Castro

  3. 04

    Estación Curros Enríquez

    Tamén sobre a mesa está desde hai anos a proposta de que a estación intermodal de Ourense que recibirá o AVE leve o nome de Curros Enríquez, autor do poema 'Na chegada a Ourense da primeira locomotora'

  4. 06

    Auditorio Carmen Estévez

    Antes de ser o propio Manuel Fraga o protagonista na Cidade da Cultura foi a súa muller, Carmen Estévez, a que deu nome ao auditorio municipal da súa vila natal, Vilalba

  5. 07

    Cidade Deportiva González Laxe

    O complexo deportivo municipal de Cerceda leva o nome de quen foi presidente socialista da Xunta entre 1987 e 1990

  6. 08

    Aeroporto Peinador

    O empresario Enrique Peinador impulsou a principios do século XX unha liña de tranvía cuxa parada no límite municipal entre Vigo e Mos recibiu o seu nome e acabou designando tamén ao aeroporto que alí se construíu máis tarde en terreos en parte propiedade daquel filántropo

  7. 09

    Hospital Álvaro Cunqueiro

    O escritor e director de Faro de Vigo acabou dando nome ao novo hospital da cidade aberto en 2015 para o que, cando se comezou a deseñar, a daquela conselleira socialista de Sanidade do bipartito, María José Rubio, amosara a súa predilección por algún nome de muller ligado á investigación científica

  8. 10

    Teatro García Barbón

    Durante anos en Vigo non se podía un referir ao gran teatro da cidade co seu nome orixinal ligado ao do empresario e mecenas sen recibir unha chamada da todopoderosa Caixanova advertindo de que esa, a da propia caixa, era a designación oficial do edificio. Hoxe é o Teatro Afundación.

  9. 12

    As mulleres reclaman o seu protagonismo

    A Coruña, Ourense, Pontevedra... Son moitas as cidades e vilas que están intentando dar ás mulleres o protagonismo que merecen tamén os seus nomes nos espazos públicos