A economía social e solidaria como "folla de ruta" para outra forma de organizar a sociedade

Evento 'Da utopía á realidade', celebrado o pasado 10 de abril na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago © REAS Galicia
https://api.praza.gal/storage/uploads/reasgalicia-529a906.jpeg

O pasado 10 de abril REAS Galicia celebrou na Facultade de Económicas da USC o encontro Da utopía á realidade, que xuntou a persoas do ámbito educativo, da cooperación, do terceiro sector e outras entidades da economía social e solidaria

“Somos un feixe de persoas que non estamos moi conformes con que para gañarnos a vida teñamos que destruír o planeta, xerar relacións económicas inxustas ou contribuír a unha estrutura capitalista que nos ven de volta como unha agresión". Deste xeito definiu Ana Lorenzo, presidenta de REAS Galicia a razón de ser das entidades que conforman a economía social e solidaria, agrupada nas Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, unha asociación sen ánimo de lucro que, na actualidade, conta con 35 entidades socias.

O pasado 10 de abril REAS Galicia celebrou na Facultade de Económicas da USC o encontro Da utopía á realidade, que xuntou a persoas do ámbito educativo, da cooperación, do terceiro sector e outras entidades da economía social e solidaria.

A xornada buscaba en primeiro lugar poñer en valor o modelo da Economía Social e Solidaria (ESS) en relación cos retos da Axenda 2030 e cos obxectivos de desenvolvemento sostible. Ademais, tiña tamén como obxectivo identificar retos e oportunidades para o seu recoñecemento, explorar como medir e comunicar o impacto real da ESS, fortalecer a transparencia e a xeración de confianza no sector, poñer en valor a auditoría social e construír sinerxías e compromisos en Galicia.

O obxectivo é que a economía social e solidaria "sexa máis medible, visible e recoñecida" © REAS Galicia

Raquel Calleja, técnica de REAS Galicia, subliñou nunha das mesas que se fai "necesario", pero tamén "moi urxente" buscar "outras formas de organizar a economía, a sociedade e a sustentabilidade da vida"

O encontro enmarcouse, ademais, no proxecto Recoñece a ESS, unha iniciativa que persegue precisamente consolidar o modelo Económico proposto pola ESS "como un actor clave no avance e aplicación da Axenda 2030" e que busca que a economía social e solidaria "sexa máis medible, visible e recoñecida". 

Os resultados finais do proxecto daranse a coñecer este martes nun encontro en liña a través de zoom, no que se presentará, entre outros contidos, a Guía de conexión da Auditoría Social cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), "unha ferramenta práctica para avanzar na medición e comunicación do impacto".

"Necesario", pero tamén "urxente", buscar "outras formas de organizar a economía"

O encontro enmarcouse, ademais, no proxecto Recoñece a ESS, que este martes dá a coñecer os seus resultados nun encontro en liña

No encontro celebrado o pasado 10 de abril na Facultade de Económicas un dos asuntos clave, que estivo presente nas distintas actividade que conformaron o programa da xornada foi a "necesidade de visibilizar a ESS, levala ao ámbito educativo e reforzar o seu papel como alternativa ao modelo económico actual, integrando dimensións sociais, ambientais e económicas". Tamén se subliñou a importancia de medir e comunicar mellor o seu valor para gañar recoñecemento social e institucional.

Nese senso, Raquel Calleja, técnica de REAS Galicia, subliñou nunha das mesas que se fai "necesario", pero tamén "moi urxente" buscar "outras formas de organizar a economía, a sociedade e a sustentabilidade da vida", engadindo que "a ESS danos unha folla de ruta clara para conseguilo". O encontro, destaca REAS Galicia, serviu "para reforzar e seguir a construír comunidade da ESS, motivar as persoas participantes e facer visible que medir o impacto é a chave para existir".

Este martes REAS Galicia presenta os resultados do proxecto nun evento en liña © REAS Galicia

Unha das ferramentas sobre as que se fixo fincapé na xornada foi a Auditoría Social. “Debemos pelexar para que a Auditoría Social entre como calquera outro selo nos servizos de contratación pública", sinalou Laura Vidal, de Dalle que Dalle

Unha das actuacións sobre as que se fixo fincapé na xornada foi a Auditoría Social. Trátase dunha ferramenta fundamental da Economía Social e Solidaria que permite ás entidades medir de maneira sistemática o seu impacto social, ambiental e de bo goberno. É un proceso voluntario de autoavaliación que reforza a coherencia interna e a rendición de contas cara á sociedade.

Para a REAS Galicia, a Auditoría Social é "unha ferramenta estratéxica que vai máis alá da medición e que permite ás entidades pertencentes á ESS poñer en valor o seu traballo diario". Neste senso, Susana Ortega de REAS Red de Redes destacou o labor da Auditoría Social como "unha ferramenta de medición estable, replicable e estatisticamente robusta e que permite que as entidades, cada ano, amosen o seu corazón".

A Auditoría Social permite ás entidades medir de maneira sistemática o seu impacto social, ambiental e de bo goberno

Na xornada tamén se analizou a experiencia piloto do selo de garantía da ESS realizada en Galicia. Trátase dun sistema de transparencia e recoñecemento para a sociedade e para a administración pública co fin de fomentar un consumo responsable e facilitar a contratación pública. Estes exercicios valeron para extraer fortalezas e limitacións da medición actual no contexto galego, adaptadas ao rural e á diversidade de sectores existentes

Laura Vidal, de Dalle que Dalle - Sociedade Cooperativa Galega, reclamou que “debemos pelexar para que a Auditoría Social entre como calquera outro selo nos servizos de contratación pública". "É unha cuestión de xustiza e recoñecemento para as que facemos as cousas ben dende o regulamento interno e non dende o talonario", subliñou.

Os valores e principios de cooperación co territorio, a sustentabilidade, o traballo digno e a inclusión estiveron presentes ao longo desta xornada © REAS Galicia

Os valores e principios de cooperación co territorio, a sustentabilidade, o traballo digno e a inclusión estiveron presentes ao longo desta xornada

Os valores e principios de cooperación co territorio, a sustentabilidade, o traballo digno e a inclusión estiveron presentes ao longo desta xornada. Na última edición da Auditoría Social participaron 24 entidades da Economía Social e Solidaria en Galicia, que realizaron unha análise en profundidade do seu funcionamento e das súas prácticas. Os resultados agregados da campaña puxeron de manifesto o impacto real da ESS galega, "un modelo económico sólido, coherente e en crecemento".

Os datos da Auditoría Social revelaron, por exemplo, que a diferenza salarial interna se sitúa nun 1,23; o que significa que a persoa que máis cobra supera nun 23% á que menos cobra, unha cifra moi afastada das dinámicas habituais no ámbito laboral. 

Ademais, as entidades destinan de media un 14% dos seus beneficios a causas sociais e solidarias, reforzando o compromiso coa redistribución da riqueza. De igual xeito, os datos refliten ademais que as mulleres representan o 61% das persoas traballadoras e o 51,3% das persoas voluntarias, e que ocupan o 72% dos postos de responsabilidade nas entidades auditadas.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.