A integración laboral das persoas con síndrome de Down acada o máximo histórico en Galicia

A principal eiva para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual segue a ser a curta duración das súas xornadas de traballo © Down Galicia

216 participantes no programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia estiveron contratadas en empresas ou administracións públicas durante o ano 2024

216 participantes no programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia estiveron contratadas en empresas ou administracións públicas durante o ano 2024. Trátase do mellor dato no relativo a oportunidades laborais a persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais desde que a entidade implantou o programa de Emprego con Apoio no ano 2002. 

A cifra representa máis do 85% das persoas usuarias do programa de emprego de Down Galicia. Esta elevada porcentaxe é aínda máis importante se se ten en conta o elevado número de participantes no programa, que ascendeu ata as 268 persoas usuarias, chegando tamén ao seu máximo histórico.

Os traballadores e traballadoras puideron adquirir experiencia en postos tan variados como auxiliar de biblioteca, preparación de pedidos online, atención ao cliente, vendedor deportivo, operador de loxística, celador, peón electricista, azafatos de eventos, expendedor de fuel, axudante de recepción, masaxista, persoal de cociña, auxiliar administrativo, auxiliar de farmacia, telefonista, ordenanza, limpeza ou persoal de cafetería, entre moitos outros.

216 participantes no programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia estiveron contratadas en empresas ou administracións públicas durante o ano 2024 © Down Galicia

A principal eiva para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual segue a ser a curta duración das súas xornadas de traballo, non chegando na gran maioría das ocasións á xornada completa

76 persoas traballaron en 2024 na zona de Vigo, 39 na Coruña, 25 en Ourense, 23 en Pontevedra, 22 na área de Compostela, 18 en Lugo e 13 na zona de Ferrolterra.

A maior parte dos empregos chegaron a través de contratacións indefinidas, un 76%, e de prórrogas de contratos, un 12%. Estes datos "poñen claramente de manifesto a eficacia das persoas con discapacidade intelectual nos seus postos de traballo, demostrando que teñen capacidades máis que suficientes para superar o reto que lles propón a sociedade en canto ao traballo inclusivo", destaca Down Galicia. Destacan tamén as 23 formacións prácticas realizadas polos usuarios e usuarias das entidades Down en Galicia, coas que reforzan a súa motivación cara o emprego e melloran as súas habilidades socio-laborais.

Os traballadores e traballadoras puideron adquirir experiencia en postos tan variados como auxiliar de biblioteca, preparación de pedidos online, atención ao cliente, vendedor deportivo, operador de loxística, celador, peón electricista, expendedor de fuel, axudante de recepción, masaxista ou persoal de cociña

A principal eiva para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual segue a ser a curta duración das súas xornadas de traballo, non chegando na gran maioría das ocasións á xornada completa.

Down Galicia destaca que aínda que desde hai uns anos "podemos observar como se acadan bos datos na inserción laboral" das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, o acceso a un posto de traballo de forma normalizada "segue a ser un dos grandes retos das entidades que traballan a prol da inclusión laboral na empresa ordinaria e nas administracións públicas".

Segundo un estudo da Asociación Europea da Síndrome de Down (EDSA), o 95% das persoas con síndrome de Down que viven en países da Unión Europea non traballa. En España, concretamente, “só o 22% das persoas coa síndrome de Down teñen un traballo e, delas, soamente o 10% desenvolve a súa actividade laboral no mercado ordinario”, indican desde a Federación Down España.

Foi no ano 2002 cando as entidades Down en Galicia comezaron a desenvolver o programa Emprego con Apoio © Down Galicia

Down Galicia destaca que o acceso a un posto de traballo de forma normalizada "segue a ser un dos grandes retos das entidades que traballan a prol da inclusión laboral na empresa ordinaria e nas administracións públicas"

Por iso, o Movemento Down en Galicia quere aproveitar a conmemoración do Día das Persoas Traballadoras para demandar a cooperación do tecido empresarial galego e convidar a todas as empresas que o desexen a coñecer máis polo miúdo a metodoloxía “Emprego con apoio”.

"O emprego inclusivo non só contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, senón que tamén ten un impacto positivo nas empresas que as contratan. A diversidade no lugar de traballo aumenta a creatividade, a innovación e a produtividade das empresas, o que se traduce nunha mellora nos resultados empresariais e na motivación dos empregados e empregadas", sinalan.

Máis de dúas décadas de Emprego con Apoio

Foi no ano 2002 cando as entidades Down en Galicia comezaron a desenvolver o programa Emprego con Apoio

Foi no ano 2002 cando as entidades Down en Galicia comezaron a desenvolver o programa Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario. 

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un novo emprego contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que a persoa empregada poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de maneira positiva e natural.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.