Os comités de Loxística en Inditex denuncian a "deslocalización" de empregos cara ao resto do Estado

Sede de Zara, en Arteixo © Inditex

Os sindicatos subliñan que o crecemento e éxito de Inditex se debeu "ao esforzo dos traballadores galegos" e por ese motivo instan á compañía con sede en Arteixo a "manter o seu compromiso coa comunidade que a viu nacer"

Os comités de empresa de Loxística de Pull&Bear e Zara veñen de alertar da "delocalización" de actividade e empregos decidida por Inditex dende os seus centros galegos ata outras zonas do Estado. Os sindicatos con representación nos comités de empresa (CIG, UGT, CCOO e CGT) manifestan a súa "profunda preocupación e rexeitamento" ante o traslado "dunha parte significativa" das operacións loxísticas fóra de Galicia", unha decisión que "responde exclusivamente a criterios de redución de custos, sen ter en conta o impacto social e laboral que terá no persoal das instalacións loxísticas en Galicia".

Os sindicatos subliñan que o crecemento e éxito de Inditex se debeu "ao esforzo dos traballadores galegos" e por ese motivo instan á compañía con sede en Arteixo a "manter o seu compromiso coa comunidade que a viu nacer". 

Sede de Pull&Bear © Inditex

Para as centrais con representación nos comités de empresa, esta reestruturación "ameaza postos de traballo e supón un duro golpe" para os milleiros de traballadores que dependen das operacións loxísticas no país

A decisión de non investir na súa loxística en Galicia está a xerar un forte rexeitamento entre os comités de empresa, que alertan que esta reestruturación "ameaza postos de traballo e supón un duro golpe" para os milleiros de traballadores que dependen das operacións loxísticas no país.

As centrais sinalan que a centralización das operacións fóra de Galicia "reforza a concentración de infraestrutura económica e loxística no resto de España, en detrimento da nosa comunidade". 

As centrais sinalan que a centralización das operacións fóra de Galicia "reforza a concentración de infraestrutura económica e loxística no resto de España, en detrimento da nosa comunidade"

Os sindicatos critican igualmente a "falta de investimentos" e a "falta de contratacións" realizados por Inditex no sector loxístico en Galicia "en favor doutras rexións de España", suscitan críticas os representantes sindicais, que tamén sinalan a falta de contratación.

Os representantes dos traballadores alertan finalmente de que este modelo loxístico, que favorece a creación de centros de distribución en outras partes de España e Europa, "vai en contra dos principios de xustiza social e responsabilización empresarial". Os comités de empresa consideran que Inditex "ten unha responsabilidade coa comunidade galega" e non entendeb que "a busca de beneficios leve á decisión de non investir na nosa terra".

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.