Os concellos emprestan unha gran cantidade de servizos á cidadanía que non sempre son competencia das administracións locais, un esforzo que moitas localidades realizan mesmo sen contar cun axeitado financiamento
Os concellos emprestan unha gran cantidade de servizos á cidadanía, dende atención a persoas da terceira idade e dependentes, políticas de conciliación, atención a situacións de pobreza e exclusión sociais, políticas que se poden encadrar dentro do denominado gasto social e que non sempre son competencia das administracións locais, senón da administración autonómica, principalmente.
Hai unhas semanas o Consello de Contas deu a coñecer o informe da conta xerais da entidades locais de Galicia, realizado a partir da información proporcionada polos propios concellos sobre os seus orzamentos anuais, e con datos correspondentes ao ano 2023. Este informe permite ver o peso que en cada concello ten o gasto social, medido en euros por habitante, un esforzo que moitas localidades realizan mesmo sen contar cun axeitado financiamento.
Este deficit de financiamento é unha das grandes reivindicacións dos concellos galegos, que denuncian que deben facer fronte a un gran abano de gastos para dar resposta ás necesidades da cidadanía sen contar cos recursos suficientes, criticando a falta de solucións por parte do Estado e da Xunta.
De igual xeito son varias as investigacións que teñen revelado que os concellos pequenos gastan o mesmo que os grandes, malia ofrecer menos servizos á cidadanía
Os concellos pequenos, maioritariamente rurais, son os que en xeral dedican ao gasto social unha proporción maior do seu orzamento ás partidas sociais. Isto é debido, en primeiro lugar, ao menor gasto que este tipo de concellos realizan noutros ámbitos, como persoal. Ademais, o seu reducido número de habitantes fai que calquera gasto, por pequeno que sexa, eleve de forma importante o resultado en termos per capita.
De igual xeito, son varias as investigacións que teñen revelado que os concellos pequenos gastan o mesmo que os grandes á hora de proporcionar servizos, malia ofrecer menos servizos á cidadanía. A medida que aumenta o número de habitantes dos concellos, a importancia relativa do gasto en actuacións de protección e promoción social vaise reducindo, posto que o custo por habitante dos servizos resulta menor, destaca Rede Localis.
Entre os concellos con máis gasto social por persoa, destacan localidades das zonas rurais de Ourense (Vilariño, A Veiga, Manzaneda...) e de Lugo (Muras, Xermade, Ribeira de Piquín, Baleira, Carballedo, Riotorto, Pol, Trabada).. Tamén o interior da provincia da Coruña (Boimorto, Santiso, Sobrado, Vilasantar ou Toques)
Deste xeito, o concello que máis diñeiro por habitante destinou a gastos sociais en 2023 foi Vilariño de Conso (2.260 euros por persoa), unha localidade duns 500 habitantes. O segundo foi o tamén ourensán A Veiga, de menos de 900 residentes. O mapa amosa que nesta relación de concellos con máis gasto social por persoa destacan as localidades do rural, especialmente as das zonas rurais de Ourense (Vilariño, A Veiga, Manzaneda...) e de Lugo (Muras, Xermade, Ribeira de Piquín, Baleira, Carballedo, Riotorto, Pol, Trabada).
Tamén o interior da provincia da Coruña ten varias localidades nos postos máis altos da lista, destacando Boimorto, Santiso, Sobrado, Vilasantar ou Toques.
A Coruña é a cidade con máis gasto social por habitante (126 euros), por diante de Lugo e Ferrol. A lista está pechada por Vigo e Pontevedra
Iso si, non todos os concellos rurais presentan un gasto social tan destacado. Na lista atopamos concellos nos que as partidas sociais non chegan aos 5 euros por habitante, como San Amaro, Leiro, Beariz, Pontedeva e O Irixo. Tamén en Ordes, o único concello de máis de cinco mil habitantes con rexistros tan baixos
Nos primeiros lugares non aparece ningunha cidade ou grande vila, por riba dos 20 mil habitantes. Entre as urbes, destaca A Coruña como o concello con máis gasto social por habitante (126 euros), por diante de Lugo e Ferrol. A lista está pechada por Vigo e Pontevedra.
Entre as grandes vilas, destacan as cifras de Arteixo (209 euros por habitante), e tamén os da Estrada, Lalín, Ponteareas e O Porriño
Entre as grandes vilas, destacan as cifras de Arteixo (209 euros por habitante), e tamén os da Estrada, Lalín, Ponteareas e O Porriño, todos eles por riba dos cen euros por habitante.
No seguinte grupo de concellos, os que se moven entre 10.000 e 20.000 habitantes, destacan os datos de Sarria, A Laracha, Vilalba, Foz, O Grove, Viveiro, Teo, Fene e Monforte, todos eles con máis de 130 euros de gasto social por persoa.