Economía
A Xustiza condena a Inditex por fraude na contratación e despidos improcedentes
O xuíz ditamina en cinco sentenzas a "improcedencia" dos despedimentos de traballadoras de Zara que denunciaron na provincia da Coruña tras seren cesadas despois de que a Inspección de Traballo obrigase a empresa a transformar 38 contratos eventuais en indefinidos
Todos os gobernos esixen a Alcoa que retire xa o ERE e o Estado ofrécelle incentivos antes de fin de ano
Xunta, Principado, Goberno central e os Concellos da Coruña e Avilés reclaman á multinacional a retirada do expediente e que sente a negociar alternativas. A ministra Maroto anuncia un paquete de medidas "transversais" para "dar seguridade xurídica á industria electrointensiva".
"O traballo da muller no sector do mar é imprescindible, pero sempre estivemos á sombra dos homes"
Tan só 6 das 63 confrarías galegas estarán dirixidas por unha muller nos vindeiros catro anos, fronte ás 13 do período 2014-2018. A Asociación de Mulleres do Mar de Arousa reclama medidas para avanzar na igualdade de oportunidades no sector pesqueiro e marisqueiro. Falamos coa súa presidenta, Susana Silva
O Supremo corríxese a si mesmo e ditamina que os clientes e non os bancos paguen os impostos das hipotecas
O alto tribunal español aproba por 15 votos a 13 revogar a doutrina que avalaran tres sentenzas e mantén a postura favorable aos bancos tras frear a aplicación da que daba a razón á clientela
O persoal de Alcoa volve mobilizarse este sábado ao pé da Torre de Hércules
Os traballdores chaman a cidadanía a mobilizarse o sábado ao mediodía ante a Torre de Hércules para formar o lema "Peche Non". O club mariñán Burela Pescados Rubén amosa o seu "apoio" aos obreiros e pide ás institucións "que abran unha vía de diálogo para manter os postos de traballo"
A extracción silenciosa da renda da clase traballadora a través do sistema financeiro
Diego Sande Veiga
A crise deixa Galicia co mesmo paro que en 2008 pero cun 5,5% menos de emprego
O desemprego rexistrado alcanza niveis semellantes aos do inicio da recesión pero logo de destruírse 60.000 empregos e caer a poboación activa en 77.000 persoas.
O persoal de Alcoa pide cautela sobre "rumores" de venda e lembra que o Estado pode intervir empresas
O comité de empresa lembra que a Constitución faculta o Goberno para a intervención de compañías se o esixe o interese xeral e para "salvagardar un sector estratéxico". "Polo momento, as presuntas ofertas son palabras e hipóteses", lembra.
A Audiencia Nacional envía por cuarta vez a cúpula de Caixanova ao banco dos acusados
Propón xulgar a Gayoso, Gorriarán ou Rodríguez Estrada por outra operación inmobiliaria que provocou un prexuízo de 43 millóns á entidade financeira. As operacións polas que serán procesados os antigos dirixentes supuxeron un burato de máis de 160 millóns á caixa.
Mercadona, condenada a readmitir unha traballadora da Coruña á que despediu estando de baixa
Ao trasladala á froitaría do supermercado a traballadora solicitou mudar de sección pola escoliose que lle impide cargar pesos. Un detective contratado por Mercadona seguiu á empregada durante a baixa e a empresa esgrimiu a información obtida como motivo do despedimento, que a xuíza non acepta
Unha carga policial na folga do sector de elaborados do mar acaba con tres traballadoras feridas
VIDEO | Formaban parte dun piquete informativo na planta de Cabomar (Marín). A terceira xornada de paros mantén un seguimento moi elevado. Os sindicatos acusan á patronal de "intransixencia" e pídenlle á Xunta que interveña para buscar unha solución.