Economía
O PP acepta agora que axudas eléctricas como as de Alcoa deben ir ligadas a manter o emprego
Os populares negocian coa oposición unha postura conxunta do Parlamento de Galicia en contra do peche da fábrica da Coruña
O Supremo "reprocha" o desleixo da Xunta no concurso eólico de 2010 e ratifica a súa ilegalidade
O alto tribunal entende que toda a valoración no proceso estivo mal feito, pero que a anulación só debe aplicarse á zona que afectaba á empresa que recorreu ante o TSXG. A sentenza advirte da "inaplicación" por parte da Administración dun baremo e do "desistimento na súa función valorativa"
Carmela e a loita contra a precariedade laboral
Manuel Lago
"Seguimento total" na primeira folga xeral na industria de produtos do mar
Os sindicatos falan dunha participación do 100% nas grandes empresas e denuncian os baixos salarios e a precariedade existente nestas compañías, con salarios base de 862 euros ao mes. 7000 persoas, o 80% mulleres, traballan neste sector en Galicia, que suma tres de cada catro empregos no Estado. O paro repetirase este mércores 24 e o xoves 25
Alcoa e a recentralización económica
Xoán Antón Pérez-Lema
A mobilización de traballadoras de Inditex non cesa: "Non gastan un peso na nosa seguridade"
Un ano despois da exitosa folga en Bershka de Pontevedra, traballadoras de Lefties e Oysho na provincia da Coruña mobilízanse para reivindicar melloras en seguridade laboral e máis persoal ante a elevada carga de traballo
O Supremo sume na incerteza a ducias de miles de persoas ao frear a nova doutrina sobre os impostos das hipotecas
O alto tribunal español xustifica coa "enorme repercusión económica e social" que traería consigo este "xiro radical" na doutrina sobre as hipotecas para frear a súa aplicación. Fontes xurídicas subliñan que o acontecido é totalmente inusual
Condena a Audasa por un lesionado medular: “A vía atopábase en condicións pésimas”
Un xulgado obriga á concesionaria da AP-9 a asumir os 334.000 euros que custou a atención sanitaria dun ferido no accidente múltiple por xeo rexistrado en Guísamo en xaneiro de 2010
128.2 da Constitución e Alcoa
Juan Carlos Piñeiro
Portugal lanza fronte a Viana, a 30 quilómetros de Galicia, o “maior parque eólico flotante do mundo”
As tres turbinas estarán ancoradas ao fondo mariño, a unha profundidade duns cen metros, e requirirán dun investimento duns 125 millóns de euros, a metade comprometidos este mesmo venres en Lisboa polo Banco Europeo de Investimentos
"Somos competitivos, somos unha planta eficiente. Se hai vontade política, hai solución para Alcoa"
Representantes do Comité de Empresa de Alcoa reuníronse co presidente da Xunta e co delegado do Goberno central, que lles expresaron o seu apoio pero discreparon nas razóns do peche da planta. O pleno municipal da Coruña aprobou por unanimidade unha moción que insta a todas as administracións a traballar unidas para manter a actividade da factoría. Este sábado ás 11 unha manifestación percorrerá as rúas da cidade