Campogalego.com: Falar do agro dende o agro e en positivo
A pasada semana botou a andar un novo xornal dixital, especializado na actualidade das producións agrarias, gandeiras e forestais. Falamos cos seus responsables.
A pasada semana botou a andar un novo xornal dixital, especializado na actualidade das producións agrarias, gandeiras e forestais. Falamos cos seus responsables.
Cobran 11,03 euros, moito menos que os homes galegos (13,36), pero tamén lonxe da media das mulleres asalariadas en toda España (13,1). UGT-Galicia presentou este xoves un informe sobre a fenda de xénero nas retribucións, que se incrementou dende o 2009 e que supera o 24%
Tras destinar 30.000 euros a un estudo para coordinar os aeroportos o Goberno galego limítase a evidenciar que "hai que conseguir" esta coordinación "en beneficio de todos". O Sá Carneiro do Porto seguiu gañando tráfico en plena crise mentres Lavacolla, Alvedro e Peinador o perdían.
O número de accidentes laborais no país incrementouse case un 4% con respecto a 2013, ao incrementarse os sinistros na pesca, a construción e os servizos.
O informe da CIG sobre o emprego no país revela que 177.000 persoas figuran como asalariados na EPA mentres cobran uns 150 euros brutos ao mes. Baixan o número de ocupados, os contratos indefinidos e as prestacións, aumentan os parados de longa duración e dispárase a emigración.
O vicepresidente de Abanca e dono do grupo venezolano que comprou ao Estado as antigas caixas galegas tivo 4,5 millóns de dólares a título persoal e 7 a nome de Banesco, segundo revela a lista Falciani e publica 'El Confidencial'.
Máis de 40.000 nenas e nenos viven en fogares sen ningunha persoa ocupada, segundo a Enquisa de Poboación Activa. Mentres o conxunto da poboación infantil aumentou apenas un 0,2% a infancia nestas circunstancias fíxoo nun 100%.
As auxiliares que constrúen o buque da petroleira mexicana incumpren os acordos con Navantia de 2001, reducen os salarios, non pagan complementos pactados e obrigan a traballar ata doce hora seguidas. Os sindicatos preparan xa un calendario de mobilizacións.
O acordo supón que a empresa dá marcha atrás nos 56 despedimentos previstos e a cambio o persoal acepta un ERE temporal, unha redución salarial do 10% só para os soldos máis elevados e 18 amortizacións de prazas entre prexubilacións e baixas voluntarias