A produción industrial en Galicia segue caendo e baixa máis do dobre da media estatal
O descenso interanual do -4,9% supera en máis de dous puntos á caída expermientada no conxunto do Estado e só é superada por Andalucía e Navarra.
O descenso interanual do -4,9% supera en máis de dous puntos á caída expermientada no conxunto do Estado e só é superada por Andalucía e Navarra.
O informe de Competencia que avala a millonaria multa á industria revela os pactos secretos e impunes que as compañías fixeron para baixar os prezos e presionar os gandeiros, que lamentan que a distribución saia indemne e temen que a multa poida ser contraproducente para as explotacións.
Máis de 1.000 inmobles foron embargados polo impago da hipoteca durante o pasado 2014 no país, segundo datos do INE. Tan só no último trimestre, leváronse a cabo 301 destas execucións, que non sempre acaban no desafiuzamento dos propietarios pero si son o paso previo.
ENTREVISTA Jesús Méndez, director xeral de Caixa Rural Galega, debulla as razóns polas que a entidade lucense non só sobreviviu, senón que medrou de forma "sostible" en plena crise mentres o resto do sector financeiro galego se esfarelaba. Dende a aposta por negocios "menos rendibles, pero máis seguros" amósase "satisfeito de non ter xerado ningún escándalo. "Non as fagas, non as temas", resalta.
A petroleira estatal mexicana, dona de Barreras, acumula un patrimonio negativo de 46.000 millóns de euros e despedirá 3.000 traballadores neste mes. A súa mala situación provocou xa o "atraso" dos seus proxectos en Barreras e pon en dúbida outros investimentos previstos no país.
O vindeiro mes está convocada unha xornada global de mobilización contra o tratado, que incluirá actos nas principais cidades galegas, organizados, entre outros, pola CIG
O número de desempregados descende en 1.453 en febreiro con respecto ao mes anterior. A diferenza entre o descenso do paro e a suba de afiliación é de 7.500 persoas no último ano, polo que hai máis persoas cuxos empregos desapareceron que persoas que se apuntaron nas oficinas de emprego.