Produtores galegos únense nunha operadora láctea conxunta con 4.000 explotacións
Ulega e Aprolac crean unha das maiores organizacións da UE, cunha oferta de 800.000 toneladas e a unión do 40% do total das granxas galegas. A inminente fin das cotas lácteas impulsa unha colaboración que supón un paso fundamental pero que non debe ser o único, segundo o sector.