O prezo do leite en orixe caeu máis dun 16% no último ano
O prezo pagado aos gandeiros por cada cen litros pasou dos 38,57 euros de outubro de 2013 aos 32,24 actuais. Unións Agrarias denuncia que o prezo pagado en Galicia é catro céntimos inferior á media española e 14 céntimos menos que en países como Francia, Alemaña ou Portugal.