A industria láctea mantén a "chantaxe" e xa deixa de recoller leite a varias cooperativas
As empresas empregan os gandeiros galegos para o seu "boicot ao paquete lácteo" do Goberno central, incumprindo os contratos e ofrecendo prezos miserentos que, de non ser aceptados, supoñen a non recollida. Os sindicatos piden ás administracións que interveñan: "non temos outra saída".