Galicia bate récords de aforro bancario mentres o crédito se estanca en niveis de hai dez anos
Galicia ten depositados nos bancos máis de 57.000 millóns de euros e os créditos roldan os 45.000 millóns. Tras os anos da burbulla o país volveu ao seu papel tradicional, o de fornecedor neto de crédito a outros puntos do Estado.