Unha parella debe aforrar máis de seis anos para mercar un piso con hipoteca na Coruña, Vigo ou Santiago

A análise toma como referencia un piso duns 80 metros cadrados. O seu prezo medio nestes momentos en Galicia móvese entre os máis de 200 mil euros na Coruña e cantidades semellantes en Santiago ou Vigo ata os menos de 100 euros en Ferrol e Lugo © IGVS

O acceso á vivenda é cada vez máis difícil en Galicia. É así se falamos do alugueiro, con cada vez menos inmobles dispoñibles e máis caros por mor da gran cantidade de vivendas baleiras fóra do mercado ou dedicadas a alugueiro turístico, e tamén se nos referimos á posibilidade de adquirir unha casa ou piso en propiedade. Os prezos de compra son cada vez máis altos e, ademais, nos últimos dous anos a suba dos tipos de xuro fixo que as hipotecas se encarecesen notablemente, dificultando aínda máis o acceso para moitas persoas.

A análise toma como referencia un piso duns 80 metros cadrados. O seu prezo medio nestes momentos en Galicia móvese entre os máis de 200 mil euros na Coruña e cantidades semellantes en Santiago ou Vigo ata os menos de 100 euros en Ferrol e Lugo

O prezo de compra de vivenda en Galicia situouse nos últimos meses xa moi preto do máximo acadado durante a burbulla inmobiliaria, máis aínda se falamos de vivenda nova, cun prezo medio que hai tempo que superou o récord establecido no ano 2009.

Adóitase dicir que o encarecemento dos alugueiros fai máis rendible a compra dun inmoble que seguir apostando por un arrendamento. Pero non todo o mundo ten a posibilidade de comprar e son moitas as persoas que nin sequera poden pensar en conseguir a concesión dunha hipoteca. Se a entidade financeira acepta a súa concesión, o que esixe previamente unha grande estabilidade laboral previa, as persoas solicitantes deben contar con aforros suficientes para facer fronte a, cando menos, o 20% do valor de compra, ademais doutro 10% adicional de gastos e impostos.

O obxectivo deste portal, creado por dos mozos lucenses, é radiografiar "o efecto expulsión inmobiliario que exercen as grandes cidades españolas cara aos seus propios cidadáns"

O portal Sin Comisiones vén de lanzar un índice que calcula a posibilidade de acceder a unha hipoteca para a compra de vivenda nas sete cidades. O índice parte da análise do prezo de adquisición dun inmoble en cada urbe, dos salarios máis habituais en cada lugar e das actuais condicións ofrecidas polas entidades financeiras para calcular finalmente as probabilidades de éxito á hora de solicitar a concesión dun préstamo hipotecario.

O obxectivo deste portal, creado por dos mozos lucenses, é radiografiar "o efecto expulsión inmobiliario que exercen as grandes cidades españolas cara aos seus propios cidadáns". No que atinxe ás cidades galegas, o Índice Sin Comisiones determina que A Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra son, por esta orde, as cidades galegas nas que é máis difícil acceder á compra dunha vivenda. En cambio, Ourense, Lugo e sobre todo Ferrol serían as máis accesibles.

Para poder adquirir unha vivenda desas dimensións, sería necesario ter uns aforros iniciais de preto de 60 mil euros na Coruña, Santiago ou Vigo; de 45 mil en Pontevedra; de 30 mil en Ourense e Lugo; e de 23 mil en Ferrol

A análise toma como referencia un piso modesto, dun tamaño bastante reducido (uns 80 metros cadrados). O seu prezo medio nestes momentos en Galicia móvese entre os máis de 200 mil euros na Coruña e cantidades semellantes en Santiago ou Vigo ata os menos de 100 mil euros en Ferrol e Lugo. Para poder adquirir unha vivenda desas dimensións, sería necesario ter uns aforros iniciais de preto de 60 mil euros na Coruña, Santiago ou Vigo; de 45 mil en Pontevedra; de 30 mil en Ourense e Lugo; e de 23 mil en Ferrol.

O estudo chama a atención sobre as dificultades engadidas que sofren as persoas que viven soas para poder adquirir unha vivenda

O estudo chama a atención sobre as dificultades engadidas que sofren as persoas que viven soas para poder adquirir unha vivenda. Algo importante se temos en conta que cada vez son máis as persoas que viven soas e non en parella. Así, o tempo medio que unha parella necesita para poder aforrar esa cantidade chega aos 7 anos da Coruña e aos 6 anos e medio de Vigo e Santiago. En Pontevedra serían 5 anos, en Lugo e Ourense 3 anos e medio e en Ferrol apenas 2 anos e medio.

En cambio, se unha persoa soa quixese aforrar esa cantidade, sinala o estudo, necesitaría ata 24 anos na Coruña, 23 en Santiago, 22 en Vigo e 17 anos e medio en Pontevedra. Tan só en Ferrol o tempo baixaría dos dez anos (8 anos, segundo o estudo).

O tempo que unha parella necesita para poder aforrar o 30% do valor dun inmoble chega aos 7 anos da Coruña e aos 6 anos e medio de Vigo e Santiago. En Pontevedra serían 5 anos, en Lugo e Ourense 3 anos e medio e en Ferrol 2 anos e medio

Para realizar estes cálculos, o índice valorou os salarios máis frecuentes (a mediana) en cada cidade e o gasto medio anual por persoa e por parella en Galicia (alugueiro, servizos, alimentación, transporte, saúde...). Por outra banda, analizou o prezo medio da vivenda nestes momento e as condicións actuais das hipotecas, cun tipo fixo do 3,5% TAE anual a 30 anos.

Deste xeito, achan un valor de probabilidade de acceso a unha hipoteca, que supera o 100% (accesible) para unha parella en todas as cidades agás A Coruña, pero que para unha persoa soa non chega ao 100% en ningunha das urbes e só se achega a ese nivel en Ferrol, Lugo e Ourense.

Se unha persoa soa quixese aforrar esa cantidade, sinala o estudo, necesitaría ata 24 anos na Coruña, 23 en Santiago, 22 en Vigo e 17 anos e medio en Pontevedra

O Índice Sin Comisiones, creado polos luceses Miguel Otero Vaccarello e Gabriel Rodríguez Lorenzo, busca "documentar e pór de manifesto a xentrificación urbanística que afecta ás grandes cidades galegas e españolas".

Creado en pleno período da pandemia por dous mozos lucenses, o portal Sin Comisiones funciona como "unha plataforma de comparación de servizos bancarios e reclamación de abusos financeiros", destacan os seus responsables.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.