Voltar

Conexión.gal

  • Conexión.gal, un programa para conversar coa nova emigración galega

    Conexión.gal é un programa producido por Praza.gal e VINTE e conducido por Ana G. Liste para dar voz á nova emigración galega. Neste primeiro programa, os convidados conéctanse desde Londres e son xornalistas: Duarte Romero e Miguel Rodríguez. Coa pandemia pasaron máis tempo do habitual sen poder vir por Galicia, mais non perderon os vínculos coas xentes de aquí xa que o seu podcast Té con gotas, un dos precursores da nova vaga de podcast en galego, achega a actualidade británica en clave galega, e moito máis