Conexión.gal visita en Alemaña un paramés que ensina a nosa lingua na diáspora

Iván Regueiro e Ana G. Liste en Conexión.gal CC-BY-SA Conexión.gal
https://api.praza.gal/storage/uploads/cintino-sxpl-92f1fd3.jpeg

Iván Regueiro conéctase desde Heidelberg neste quinto Conexión.gal. A cidade alemá xa se cruzara no seu camiño antes de converterse na súa segunda casa como migrante. No seu caso, o galego é o responsable de que leve desde 2019 na diáspora. Unha bolsa da Xunta levouno ata a universidade de Heidelberg como lector de galego. 

Do Páramo, na comarca de Sarria, Iván Regueiro estudou Tradución e Interpretación en Vigo. Na conversa, reflexiona sobre como é ensinar a lingua galega nunha universiadade cun alumnado moi diverso, que se achega a ela con interese e curiosidade. 

A Iván colleuno o inicio da pandemia da COVID-19 ao pouco de instalarse en Alemaña, pero non se sentiu máis lonxe de Galicia grazas ás novas tecnoloxías. Este tempo tamén lle permitiu pensar no difícil que tivo que ser todo para os que emigraron no século pasado.

Conexión.gal é un programa producido por Praza.gal e VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, presentado por Ana G. Liste, para dar voz á nova emigración galega e que sexan elas e eles quen conten que supón hoxe ser galega e migrante.

Todos os episodios de Conexión.gal en vídeo están dispoñibles neste espazo de Praza.gal e en YouTube. Tamén poderás atopar cada capítulo do podcast en Ivoox e mais en Podgalego

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.