O Goberno di que non pechou “ningún acordo para a venda de buques militares” a Arabia Saudita, en referencia ás cinco corvetas que prevé construír Navantia, dúas delas en Ferrol.
Fálase
O Igape defende agora a “racionalización actual” dos seus apoios ás firmas galegas logo de perder 80 millóns de euros en avais a 30 empresas.
Xesús Alonso Montero conclúe o seu mandato como presidente da RAG. Tras certificalo ante o Plenario vén de asumir a presidencia "interinamente" o secretario, Henrique Monteagudo, que porá en marcha "o proceso electoral" para a elección da nova executiva, que estatutariamente non pode durar "máis de tres meses", segundo informa a Academia.
O Goberno central admite agora que pode desbloquear as oposicións do ensino á marxe dos Orzamentos, ao contrario do que veu mantendo o PP nas últimas semanas. Avánzao a axencia Europa Press e recólleo Faro de Vigo
A declaración do ex-xefe de Adif imputado polo accidente de Angrois adíase do 23 de marzo ao 4 de abril, ás 10.30 horas. O xuíz acepta a petición formulada polo seu avogado por motivos médicos.
O Goberno de Portugal abre o concurso para a electrificación da liña ferroviaria entre Viana do Castelo e Valença. Con este treito está xa en marcha toda a modernización dos tramos portugueses do traxecto Porto-Vigo, que Infraestruturas de Portugal prevé ter rematada e 2019. O Executivo portugués considera a modernización da Linha do Minho como "de extrema importancia".
Santiago celebra a homenaxe ao traballo das lavandeiras. Un panel conmemorativo lembrará de agora en diante o traballo destas mulleres á beira do río Sarela, no parque de Galeras da capital galega.
A XXXIV Semana Galega de Filosofía que se celebrará en Pontevedra do 17 ao 21 de abril, estará dedicada á saúde. Intervirán, entre outras persoas, Tom Kucharz, Guillermo Rendueles, Ángeles Maestro, Margarita Boladeras ou Maribel Blázquez
O Celta enfrontarase ao Genk belga nos cuartos de final da Europa League. A ida xogarase o 13 de abril en Balaídos e a volta o xoves 20 en Genk.
ETA anuncia o seu desarme total para o 8 de abril, segundo avanza Le Monde, que adianta que o Goberno vasco recibirá un listado dos zulos en que permanece o armamento. Está a contalo El Diario Norte