Axentes da Policía de Portugal patrullarán en Santiago do 16 ao 27 de xullo ante a previsión de alta afluencia turística. Este despregamento forma parte do proxecto Comisarías Europeas, segundo vén de informar o Ministerio do Interior. (Imaxe: PSP)
Fálase
PSdeG e BNG pechan o acordo para volver gobernar en coalición a Deputación de Pontevedra. O socialista David Regades e o nacionalista César Mosquera veñen de presentar o pacto, no que o PSdeG gaña peso tras pasar de 10 a 13 escanos ata seren primeira forza da corporación, que seguirá presidindo Carmela Silva.
O pleno da investidura comezará no Congreso o día 22. O 23 votarase por primeira vez a candidatura de Pedro Sánchez, segundo vén de confirmar a presidenta da Cámara Baixa, Meritxell Batet.
PARO REXISTRADO | As inscricións nas oficinas de emprego galegas descenderon en 5.556 en xuño; son 14.816 menos que hai un ano e quedan en 155.249. No mesmo mes a poboación afiliada á Seguridade Social en Galicia aumentou en 6.787 cotizantes, ata os 1,03 millóns, un aumento interanual de 18.693 persoas. Consulta aquí toda a información
Alcoa e Parter chegan a un principio de acordo para relanzar a operación de venda das plantas da Coruña e Avilés. O prazo ampliarase ata o 31 de xullo para dar tempo ao fondo suízo para que presente todas as garantías financeiras requiridas. Alcoa insiste en que os traballadores ratifiquen previamente a operación e o acordo acadado con Parter
O Tribunal de Xustiza da UE rexeita que Carles Puigdemont e Toni Comín tomen posesión dos seus escanos no Parlamento Europeo, que se constitúe este martes. O expresidente catalán presentara un recurso demandando medidas cautelares, que lle foron denegadas.
Algunhas das figuras das creacións en stop-motion de Tim Burton ou Wes Anderson saen das mans da modelista galega Sonia Iglesias. Vinte achéganos ao traballo desta creadora dende o seu obradoiro en Arteixo
O socialista Valentín González Formoso, reelixido presidente da Deputación da Coruña cos votos a prol de PSdeG, BNG, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños. A outra aspirante a popular Rosa Gallego, obtivo os 14 apoios do seu grupo. Formoso gobernará en coalición co BNG. Consulta aquí o máis destacado do pleno
Falece o alcalde de Baralla tres días despois de renunciar ao cargo, no que foi reelixido o pasado xuño, por mor da enfermidade que padecía. Manuel González Capón era rexedor da localidade dende 1987 e logrou nas pasadas municipais unha ampla maioría absoluta para o PP.
Este mediodía constitúese a nova corporación da Deputación da Coruña, que gobernarán en coalición PSdeG e BNG con Valentín González Formoso como presidente e Xosé Regueira na Vicepresidencia. Na imaxe, os voceiros socialista e nacionalista, Bernardo Fernández e Xosé Regueira, na sinatura do pacto.