Puigdemont inclínase por convocar eleccións en Catalunya, segundo avanzan medios cataláns como Ara ou RAC 1. O presidente da Generalitat está reunido co seu gabinete.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59f1ac39a75a8-59d156735436d-06af2f67-97b9-4a60-a080-18fb74a5e3ed.jpg)
Puigdemont inclínase por convocar eleccións en Catalunya, segundo avanzan medios cataláns como Ara ou RAC 1. O presidente da Generalitat está reunido co seu gabinete.
Hoxe entra en vigor o groso da Lei de Implantación empresarial, alcumada polos movementos que a rexeitan como 'Lei de Depredación'. Tras a súa publicación no DOG todas as medidas están en marcha agás as relativas aos aproveitamentos madeireiros, que se comezarán a aplicar dentro de seis meses.
EPA | O paro descendeu en 19.800 persoas en Galicia no terceiro trimestre do ano, ata as 181.700, unhas 25.000 menos que hai un ano. A Enquisa de Poboación Activa reflicte que o número de persoas con traballo aumentou en 23.600 persoas e deixa a cifra total en 1,07 millóns, 14.600 máis que no mesmo trimestre de 2016. Máis información, hoxe en Praza.
A Avogacía do Estado pide unha sentenza exemplar no caso Gürtel para infundir "medo" a delinquir nos políticos. Recólleo eldiario.es
O Goberno central prevé destituír de inmediato a Puigdemont e a todo o seu goberno co 155. Este xoves o Senado aborda o despregamento desa intervención e no Parlament catalán comparece o titular da Generalitat.
Renfe avala expresamente o seu directivo imputado polo accidente de Angrois e manteno á fronte da seguridade dos seus trens. Máis información aquí.
Puigdemont reúne o Govern para debater sobre a DUI ou as eleccións. A reunión extraordinaria celébrase a última hora desta tarde.
Anticorrupción conclúe que o PP como organización e a ex-ministra Ana Mato se beneficiaron de comisións da trama Gürtel. É parte das conclusións da Fiscalía no remate do xuízo sobre a primeira época da rede corrupta, que chega ata 2005.
A Audiencia Nacional cita a Iberdrola por manipular o prezo da luz en varios encoros, entre eles os galegos. A compañía xa foi sancionada por Competencia e denunciada pola Fiscalía por mor desta presunta práctica ilegal en 2013.
Julio Sacristán abandona a alcaldía de Culleredo e o liderado provincial do PSdeG na Coruña. Sacristán levaba máis de 30 anos como rexedor. Recólleo La Opinión