A Liga de Fútbol Profesional (LFP) tamén recorre o arquivo da causa de Jimmy e amosa a súa "discrepancia" co sobresemento do caso. A familia do asasinado e a Fiscalía tamén anunciaron recurso.
Fálase
Celébrase nestes intres o pleno de Pontevedra. O alcalde Lores someterá o proxecto orixinal de orzamentos do goberno local a votación e anuncia que se someterá a unha moción de confianza de non ser aprobados. Pódese seguir aquí.
O Goberno italiano aproba o rescate do Monte dei Paschi. O Executivo aprobou nunha xuntanza de urxencia, pasada a medianoite, un decreto que o dota de 20.000 millóns de euros para garantir a liquidez dos bancos en problemas
Galicia suma 103 vítimas mortais nas estradas no que levamos de 2016, fronte ás 91 de todo 2015. Será o primeiro ano con incremento de falecementos dende o 2000.
Enagás espera cobrar unha compensación millonaria se se pecha a regasificadora de El Musel, en Xixón, que foi declarada ilegal polo Supremo en febreiro. A instalación, que custou 378 millóns, incumpre o Regulamento de Actividades Molestas e Perigosas, ao igual que Reganosa.
Errejón pide amplos acordos a Iglesias para non confrontar en Vistalegre 2. O axustado resultado do referendo reforza o poder negociador de Errejón.
A Autoridade Portuaria da Coruña aproba a privatizacións dos terreos da Solana co voto contrario do Concello, que aposta polo carácter público das instalacións. A venda proporcionaría uns 4 millóns de euros ao Porto, que busca reducir a débeda de 300 millóns xerada polo proxecto de Punta Lagosteira.
PSOE (20,2%) e Unidos Podemos (20,7%) rematan o ano en empate técnico en intención de voto, segundo a enquisa de Celeste-Tel que hoxe publica El Diario. O PP (35,9%) subiría dous puntos dende xuño e Ciudadanos (12,7%) baixaría unhas décimas
VÍDEO | Así soou o himno galego no regreso da selección feminina de fútbol aos terreos de xogo, oito anos despois. O máis destacado do Galicia-Catalunya, este serán en Praza.
Baltar pai e fillo recusan a xuíza que instrúe a causa contra o presidente da Deputación de Ourense por presunto acoso, suborno e tráfico de influencias. Cóntao a edición ourensá de Faro de Vigo