Enerxía endurece a poxa das primas eléctricas, que comezará o vindeiro luns, levando de novo a preocupación á planta de Alcoa
Fálase
Veciñanza de Torneiros (O Porriño) denuncia que aínda hai lindano á vista diante das súas casas. O Concello anunciou a contratación dunha empresa autorizada para o tratamento da terra contaminada. Partidos políticos e Plataforma Antilindano constituirán unha comisión de seguimento do problema
Esta noite publicáronse sete sondaxes de intención de voto para as eleccións catalás do vindeiro 21 de decembro. Todas elas amosan unha estreita loita entre ERC e Ciudadanos por ser a primeira forza e un resultado das tres listas independentistas moi próximo aos 68 escanos da maioría absoluta. Podes consultar todos os datos en Electograph
Os Estados Unidos poñen fin á neutralidade da Rede. Velaquí as consecuencias, explicadas en eldiario.es
A Xunta amplía de un a tres anos o seu cheque bebé pero o seu pagamento pasará de mensual a semestral. E mentres no primeiro ano a renda familiar poderá chegar ata os 45.000 euros, para ter dereito a el durante os dous anos seguintes non non poderá superar os 22.000 euros.
Augas de Galicia desestima o recurso de Ferroatlántica e confirma que non se pode desvincular a actividade das centrais da de ferroaliaxes. O comité de empresa amosa a súa "satisfacción" por un ditame que volve confirmar o fracaso de Villar Mir no seu intento de vender as hidroeléctricas.
O Goberno británico sofre unha dura derrota parlamentaria que o obrigará a someter a votación os acordos do Brexit. A rebelión de varios conservadores provocou o fracaso do Executivo de Theresa May.
A Audiencia impón unha fianza de 80 millóns a Gayoso e outros sete ex-directivos de Caixanova polo caso Alfageme, no que a entidade concedeu 135 millóns a unha promotora para a compra desta conserveira. O que fora tamén copresidente de Novacaixagalicia saíu da cadea o pasado verán.
“Bravo señor Abel Caballero”. Un concelleiro do PP de Pontevedra eloxia o alcalde de Vigo na súa conta de Facebook pola decoración de Nadal da cidade fronte ao que considera un desprezo do goberno do BNG en Pontevedra. Recólleo Vigoé.es
Feijóo asegura que “o ano histórico” do Xacobeo non foi 1993 senón que “está previsto para 2021”. “Levábamos séculos agardando este momento”, di na recepción do peregrino 300.000 que chega este ano a Compostela. O arcebispo salienta que “os peregrinos nunca son un problema”. O Concello compostelán vén defendendo dende 2015 a necesidade dunha nova regulación turística na cidade, que a Xunta rexeita.