A Comisión Europea pide a todos os estados da UE que apoien "unidos" a España e Italia ante as dificultades económicas. Ademais, Barroso creo que hai "pouca solidariedade" en Europa.
Fálase
Benestar mestura nun centro menores desamparados con rapaces conflitivos, segundo informa El País. O peche do centro público de menores Montealegre, cuxa reapertura non asegura a conselleira Beatriz Mato, provoca que os cativos compartan espazo.
Novo escándalo do exército estadounidense. Los Angeles Times revela imaxes de soldados dos EUA fotografándose ao carón de combatentes afganos falecidos.
Rajoy confirma contactos coa mexicana Pemex para lograr encargos para asteleiros galegos. Nas reunións participou tamén o presidente da Xunta, Núñez Feijóo.
#YPF O BNG defende na Eurocámara, a través da súa deputada Ana Miranda, "o dereito de Arxentina para decidir sobre os seus recursos enerxéticos en beneficio do interese público dos seus cidadáns".
Galicia perdeu 141.000 empregos desde o inicio da crise e a tendencia é continuar "perdendo" postos de traballo. "O futuro é moi negro", asegura un estudo presentado por CCOO-Galicia.
#YPF A Eurocámara pide estudar a suspensión de vantaxes arancelarias a Arxentina pola crise de YPF con España.
O presidente de Grifols, terceiro produtor mundial de hemoderivados, pediulle esta semana ao Goberno que permita o pago por doazóns de plasma sanguíneo; "Grifols podería pagar 60 ou 70 euros por semana", dixo, "que sumado ao paro, é unha forma de vivir". As filtracións de Wikileaks revelaron que a fábrica de Grifols en Barcelona é, para os Estados Unidos, un dos tres puntos estratéxicos no territorio español, e págalles de forma continuada a 150 mil norteamericanos polo seu sangue.
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia abre o prazo para a recepción de orixinais no Premio Abrente para textos teatrais en lingua galega. O certame, cunha dotación de tres mil euros, recoñeceu en pasadas edicións os traballos de Roberto Salgueiro, Manuel Lourenzo ou Vanesa Sotelo.
CCOO e UGT adiantan as manifestacións do Primeiro de Maio ao domingo 29 de abril. As marchas convócanse tamén para protestar contra a reforma laboral e os continuos recortes do Goberno do PP.