O pleno da Coruña condena por unanimidade o ataque á exposición sobre o movemento obreiro A forza necesaria. O goberno e todos os grupos secundaron a proposta do BNG, se ben o PP matizou a través da súa voceira, Rosa Gallego, que a Marea Atlántica non "condena" o que "está sucedendo en Venezuela" e o Bloque, "ao Exército Guerrilleiro". A conservadora reprochou ademais ao alcalde "o que está pasando en Santiago".
