A iniciativa #naprazapolaunidade convoca a cidadanía galega a mobilizarse nas prazas hoxe de 20 a 21 horas para reclamar unha candidatura unitaria de cara ás vindeiras eleccións xerais.
Fálase
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, rexeita impoñer sancións por infracións que recolle a lei mordaza, a pesar que dende o pasado mes de xuño os rexedores teñen competencias sancionadoras.
Cavaco Silva encarga formar Goberno a Passos Coelho e critica o pacto de esquerdas, alertando das consecuencias “de uma alternativa claramente inconsistente sugerida por outras forças políticas”. O Presidente portugués mesmo apela á disidencia dos deputados do PS máis críticos.
A asociación El Defensor del Paciente denuncia a Rajoy ante o Supremo por pagar con cartos públicos o coidado do seu pai, nun presunto delito de malversación fondos públicos.
O xuíz ordena o ingreso en prisión do tesoureiro de Convergència, Andreu Viloca, polo risco de fuga e destrución de probas. Artur Mas dará explicacións este venres no Parlament sobre as adxudicacións investigadas.
O Concello da Coruña aproba a demolición parcial do edificio Conde de Fenosa para legalizar o inmoble. A xunta de goberno local dará mañá o visto e prace ao proxecto, que costará 1,5 millóns e levará dous anos. Cóntao La Opinión.
A Deputación de Pontevedra cambia a súa imaxe corporativa para facela "acorde co actual goberno". O deseño, indican, non implicou custes porque foi realizado por persoal da institución.
Unha mobilización pide #xustizaparaJimmy ante os xulgados da Coruña, onde declarou un dos afeccionados que foi lanzado ao río nos altercados acontecidos hai case un ano en Madrid. Foto de @BNGACorunha
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, prevé anunciar a configuración do novo goberno o vindeiro luns. Nel, indica, estarán todos os deputados de PSdeG e BNG "agás que non queiran". Recólleo El Progreso
A Audiencia Nacional condena a Gayoso, Pego, Gorriarán e Rodríguez Estrada polas indemnizacións da caixa fusionada. Adiántao La Voz de Galicia. Máis información, hoxe en Praza.