A asociación El Defensor del Paciente denuncia a Rajoy ante o Supremo por pagar con cartos públicos o coidado do seu pai, nun presunto delito de malversación fondos públicos.
Fálase
O xuíz ordena o ingreso en prisión do tesoureiro de Convergència, Andreu Viloca, polo risco de fuga e destrución de probas. Artur Mas dará explicacións este venres no Parlament sobre as adxudicacións investigadas.
O Concello da Coruña aproba a demolición parcial do edificio Conde de Fenosa para legalizar o inmoble. A xunta de goberno local dará mañá o visto e prace ao proxecto, que costará 1,5 millóns e levará dous anos. Cóntao La Opinión.
A Deputación de Pontevedra cambia a súa imaxe corporativa para facela "acorde co actual goberno". O deseño, indican, non implicou custes porque foi realizado por persoal da institución.
Unha mobilización pide #xustizaparaJimmy ante os xulgados da Coruña, onde declarou un dos afeccionados que foi lanzado ao río nos altercados acontecidos hai case un ano en Madrid. Foto de @BNGACorunha
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, prevé anunciar a configuración do novo goberno o vindeiro luns. Nel, indica, estarán todos os deputados de PSdeG e BNG "agás que non queiran". Recólleo El Progreso
A Audiencia Nacional condena a Gayoso, Pego, Gorriarán e Rodríguez Estrada polas indemnizacións da caixa fusionada. Adiántao La Voz de Galicia. Máis información, hoxe en Praza.
O paro caeu en Galicia en case 30 mil persoas no terceiro trimestre, ata as 223 mil, unha taxa do 17,66%, segundo as cifras da EPA que se veñen de publicar. No conxunto de España, o desemprego baixou en 298 mil persoas, ficando a taxa no 21,18%. Toda a información, hoxe en Praza.
As granxas lácteas galegas deixaron de ingresar 82 millóns de euros dende abril e non cobrarán o importe das axudas prometidas, denuncia o SLG, que sinala que o orzamento do Ministerio de Agricultura para as granxas que menos perciben polo leite é "absolutamente insuficiente", pois Galicia recibirá apenas 16 millóns.
Os celadores do Hospital de Vigo iniciarán o luns un novo peche se o conselleiro de Sanidade non os recibe antes. Manteñen a súa protesta contra a privatización de parte das súas funcións.