A proximidade dun incendio a núcleos habitados en Celanova obrigou a desaloxar varias vivendas. Entre Gondomar e Tui o lume avanzou durante a noite en dirección ao Parque Natural do Monte Aloia. Outros tres incendios en Montederramo, Cervantes e Negueira de Muñiz foron controlados tras arrasar 60, 20 e 32 hectáreas de terreo, respectivamente.
