Os Mossos d'Esquadra confirman que veñen de matar o autor material do atentado de Barcelona, Younes Abouyaaqoub
Fálase
Os Mossos confirman que "abateron" a "persoa sospeitosa" á que procuraban e que semellaba portar un cinto de explosivos, sinala a policía catalá
En marcha unha operación dos Mossos en Subirats (Barcelona) á procura do presunto autor material do atentado da capital catalá
As xogadoras do Universitario Star Center Ferrol, o equipo feminino de baloncesto que o ano pasado finalizou a Liga en terceira posición, serán as pregoeiras das Festas de Verán da cidade
A Xunta clasifica como "de interese para o desenvolvemento da economía produtiva" a Fundación Galifornia Foundation. O DOG deste luns reflicte a inscrición desta entidade, creada en 2016 e presidida polo empresario Pablo Riera. Di ter o obxectivo de "contribuír ao crecemento e desenvolvemento e notoriedade de Galicia e Portugal".
A Xunta activou este luns a alerta laranxa por mor das elevadas temperaturas que se acadarán no interior e no sur de Galicia. En Ourense as máximas chegarán aos 40 graos e boa parte do país roldará ou superará os 35. A maior parte de Galicia sitúase ademais en risco extremo de incendio, segundo o indicador publicado por Medio Rural.
Na mañá deste luns celebrarase a xuntanza do Pacto contra o Terrorismo Yihadista, na que paticiparán os seus tres asinantes -PP, PSOE e Ciudadanos- e como observadores Unidos Podemos, PdCat, ERC e PNV
A CUP podería non acudir á manifestación do sábado 26 contra o terrorismo en protesta pola participación do rei e das ligazóns da monarquía española con réximes do Golfo Pérsico "que son os que están financiando" o yihadismo.
A Fundación Franco desconecta o teléfono para reservar visitas ao Pazo de Meirás. A Xunta dá por boa a versión da fundación segundo a cal as visitas de agosto xa están programadas e completas e a persoa que atende o móbil, de vacacións
A sobrevenda deixa en terra máis de 2.000 pasaxeiros con billete a Cíes. Despois de semanas de críticas pola masificación das illas, o Parque Nacional e a Xunta ordenaron dar a volta a catro barcos e permanecer en terra outros tantos ao superarse o cupo de visitantes diario