A Xunta clasifica como "de interese para o desenvolvemento da economía produtiva" a Fundación Galifornia Foundation. O DOG deste luns reflicte a inscrición desta entidade, creada en 2016 e presidida polo empresario Pablo Riera. Di ter o obxectivo de "contribuír ao crecemento e desenvolvemento e notoriedade de Galicia e Portugal".
