En marcha unha operación dos Mossos en Subirats (Barcelona) á procura do presunto autor material do atentado da capital catalá

En marcha unha operación dos Mossos en Subirats (Barcelona) á procura do presunto autor material do atentado da capital catalá
As xogadoras do Universitario Star Center Ferrol, o equipo feminino de baloncesto que o ano pasado finalizou a Liga en terceira posición, serán as pregoeiras das Festas de Verán da cidade
A Xunta clasifica como "de interese para o desenvolvemento da economía produtiva" a Fundación Galifornia Foundation. O DOG deste luns reflicte a inscrición desta entidade, creada en 2016 e presidida polo empresario Pablo Riera. Di ter o obxectivo de "contribuír ao crecemento e desenvolvemento e notoriedade de Galicia e Portugal".
A Xunta activou este luns a alerta laranxa por mor das elevadas temperaturas que se acadarán no interior e no sur de Galicia. En Ourense as máximas chegarán aos 40 graos e boa parte do país roldará ou superará os 35. A maior parte de Galicia sitúase ademais en risco extremo de incendio, segundo o indicador publicado por Medio Rural.
Na mañá deste luns celebrarase a xuntanza do Pacto contra o Terrorismo Yihadista, na que paticiparán os seus tres asinantes -PP, PSOE e Ciudadanos- e como observadores Unidos Podemos, PdCat, ERC e PNV
A CUP podería non acudir á manifestación do sábado 26 contra o terrorismo en protesta pola participación do rei e das ligazóns da monarquía española con réximes do Golfo Pérsico "que son os que están financiando" o yihadismo.
A Fundación Franco desconecta o teléfono para reservar visitas ao Pazo de Meirás. A Xunta dá por boa a versión da fundación segundo a cal as visitas de agosto xa están programadas e completas e a persoa que atende o móbil, de vacacións
A sobrevenda deixa en terra máis de 2.000 pasaxeiros con billete a Cíes. Despois de semanas de críticas pola masificación das illas, o Parque Nacional e a Xunta ordenaron dar a volta a catro barcos e permanecer en terra outros tantos ao superarse o cupo de visitantes diario
As cidades e vilas galegas acolleron ante as sedes das súas principais institucións e diante doutros centros de traballo centos de concentracións en repulsa polos atentados e en solidariedade coa sociedade catalá.
Milleiros de persoas participaron en Barcelona na concentración convocada en repulsa polos atentados, onde se escoitaron berros de "No tinc por" (non teño medo). Os actos de solidariedade repetíronse en toda España