A policía rexistra un aumento dos ataques islamófobos tralos atentados de Barcelona. Mesquitas de Sevilla e Granada foron atacadas, a de Fuenlabrada apareceu con esvásticas pintadas e cunha cabeza de porco nunha das súas fachadas. E en Sagunto un menor marroquí foi golpeado por un adulto.
