O galego Borja Golán vence o campión do mundo en Chicago. O 15 veces campión de España de squash recupera o seu mellor nivel nos EUA.

O galego Borja Golán vence o campión do mundo en Chicago. O 15 veces campión de España de squash recupera o seu mellor nivel nos EUA.
O Deportivo fai oficial a contratación de Pepe Mel como novo adestrador. Será presentado este mediodía en Riazor.
Os principais clubs galegos de fútbol únense á campaña para financiar o proxecto oncolóxico Biopsia Líquida. Esta investigación, que precisa medio millón de euros, non é financiada dende a Administración e segue a procurar cartos entre a cidadanía e entidades sociais e empresariais. Promóvea o grupo de investigación Oncomet.
Chega aos teatros A cabeza do dragón, a primeira obra de Valle Inclán representada en galego. A estrea será esta fin de semana no Principal de Santiago e Excéntricas xa ten previstas unha vintena de representacións en múltiples localidades.
Morre unha traballadora de Sogama tras ficar atrapada na máquina que estaba a utilizar.
Todo o litoral galego está este martes en alerta laranxa por vento e ondas de ata 8 metros. Todos os detalles, no boletín de avisos de Meteogalicia.
O PPdeG procura unha lista única no seu congreso da Coruña para evitar un enfrontamento como o de Vigo. Beatriz Mato asegura que estará "onde o presidente decida". Cóntao La Opinión
PP e Ciudadanos revisan este martes o seu pacto de investidura de Rajoy, do que os populares non prevén cumprir os principais puntos en materia que os de Rivera defenden como "rexeneración democrática", como a limitación de mandatos.
A Deputación de Pontevedra propón á Xunta unha comisión mixta para transferir competencias do ente provincial ao Goberno galego. Foi un dos asuntos abordados na xuntanza de Carmela Silva e César Mosquera co presidente e o vicepresidente do Executivo.
O narco Marcial Dorado sae de prisión por primeira vez en oito anos. O xuíz de Vixilancia Penitenciaria outórgalle catro días de permiso co informe favorable da prisión pero contra o criterio do fiscal antidroga. É o primeiro paso para que Dorado obteña o terceiro grao, que lle foi denegado polo maxistrado en 23 ocasións dende que en 2013 se fixese pública a súa antiga amizade con Alberto Núñez Feijoo.