Multados cinco activistas en favor do referendo catalán por unha mobilización na Coruña. A sanción proposta para cada un deles é de 900 euros. Cóntao La Opinión.
Fálase
Galicia tardará, ao ritmo actual, case cinco anos en recuperar o nivel de emprego que tiña en 2007. Aínda hai 97.060 postos de traballo menos que os que había antes da crise.
Case cinco millóns de traballadores e traballadoras non tiveron suba salarial nos últimos dez anos. Os incrementos foron menores nos convenios de empresa que nos de ámbito superior.
O número dous de Feijóo no PPdeG cualifica de "fracasada" á alcaldesa de Lugo por non superar a cuestión de confianza en pleno. Tellado faino despois de certificarse, coa postura de Lugonovo, que é practicamente imposible que o PP poida artellar un goberno alternativo, xa que pasaría obrigatoriamente por un pacto con Ciudadanos, pero tamén co BNG e mais ACE. Afirmouno nunha rolda de prensa sobre os plans do partido para 2018.
Facenda comunica ao Concello de Vilalba a cesión do xacemento paleolítico de Pena Grande, que estivo a piques de ser vendido. A poxa non foi paralizada ata finais do pasado novembro aínda que dende varios meses antes Xunta e Goberno central sabían que a venda incluía esta xoia arqueolóxica.
O BNG envía a Rajoy unha biografía de Rosalía como agasallo de Reis para que "entenda" por que a poeta "substituíu un militar golpista no rueiro de Pontevedra". O volume vai acompañado dunha carta do deputado Luís Bará na que retruca á "estrañeza" manifestada polo presidente do Goberno central a respecto da desaparición do militar golpista Salvador Moreno do rueiro pontevedrés.
VÍDEO | Salvamento Marítimo rescata a 110 millas da Coruña entre ondas de 6 metros o tripulante dun buque que sufriu problemas cardíacos
As Xuventudes Socialistas únense ás peticións de dimisión da deputada do PP de Ourense Ana Vázquez Blanco polas súas declaracións sobre o caso de Diana Quer. "Tachar de oportunismo político" ligar o crime coa violencia machista "é un exercicio de ignorancia e de ataque á loita feminista", sinala o secretario xeral da formación xuvenil do PSdeG, Nabor González.
Este xoves pola mañá continuará a alerta laranxa en todo o litoral galego, con ondas de 5 a 7 metros. Ademais, haberá alerta amarela nas comarcas costeiras por ventos de máis de 80 kilómetros/hora na Mariña, Ferrolterra e Ortegal e por chuvias a última hora da tarde.
José Antonio Pérez Tapias comunicou este mércores a súa baixa como militante do PSOE. Nesta entrevista publicada en CTXT explica os motivos: “Só un proceso constiuínte nos pode sacar desta crise, e o PSOE non está niso”