VÍDEO | Salvamento Marítimo rescata a 110 millas da Coruña entre ondas de 6 metros o tripulante dun buque que sufriu problemas cardíacos
Fálase
As Xuventudes Socialistas únense ás peticións de dimisión da deputada do PP de Ourense Ana Vázquez Blanco polas súas declaracións sobre o caso de Diana Quer. "Tachar de oportunismo político" ligar o crime coa violencia machista "é un exercicio de ignorancia e de ataque á loita feminista", sinala o secretario xeral da formación xuvenil do PSdeG, Nabor González.
Este xoves pola mañá continuará a alerta laranxa en todo o litoral galego, con ondas de 5 a 7 metros. Ademais, haberá alerta amarela nas comarcas costeiras por ventos de máis de 80 kilómetros/hora na Mariña, Ferrolterra e Ortegal e por chuvias a última hora da tarde.
José Antonio Pérez Tapias comunicou este mércores a súa baixa como militante do PSOE. Nesta entrevista publicada en CTXT explica os motivos: “Só un proceso constiuínte nos pode sacar desta crise, e o PSOE non está niso”
Unha deputada do PP de Ourense considera "oportunismo político" vincular o asasinato de Diana Quer coa violencia machista.
Galicia pechou 2017 con 185.013 persoas inscritas nas oficinas de emprego, 2.162 menos que en novembro e 20.901 menos que un ano antes. A afiliación á Seguridade Social caeu no mesmo mes en 3.709 persoas, aínda que a cifra total é superior en 21.713 á do remate de 2016. Máis información, esta mañá en Praza.
Bárcenas pide apartar do xuízo pola caixa B do Partido Popular ao único maxistrado que resiste no tribunal que citou a Rajoy
As probas de ADN confirman que o cadáver achado en Rianxo é o de Diana Quer. A Garda Civil informa de que o asasino confeso era o principal sospeitoso dende hai máis dun ano e defíneno como un "profesional da delincuencia". Máis información, este mediodía en Praza. Consulta aquí toda a información
A curuxa común (Tyto alba), ave do ano 2018 para SEO Birdlife pola caída da súa poboación arredor dun 15%.
O 1 de xaneiro Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Regresamos o 2 de xaneiro para comezarmos a contar o 2018. Feliz Aninovo!