Bárcenas pide apartar do xuízo pola caixa B do Partido Popular ao único maxistrado que resiste no tribunal que citou a Rajoy
Fálase
As probas de ADN confirman que o cadáver achado en Rianxo é o de Diana Quer. A Garda Civil informa de que o asasino confeso era o principal sospeitoso dende hai máis dun ano e defíneno como un "profesional da delincuencia". Máis información, este mediodía en Praza. Consulta aquí toda a información
A curuxa común (Tyto alba), ave do ano 2018 para SEO Birdlife pola caída da súa poboación arredor dun 15%.
O 1 de xaneiro Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Regresamos o 2 de xaneiro para comezarmos a contar o 2018. Feliz Aninovo!
O Concello de Mazaricos volve despedir o ano co seu "brinde leiteiro" para lembrar o sector do leite na comarca. O acto, organizado polo goberno local, foi conducido por nenas e nenas do municipio, que "reivindicaron a importancia da gandeiría en Mazaricos e o orgullo de vivir" neste concello.
Rafael Rodríguez Villarino, alcalde de Amoeiro, novo secretario provincial do PSdeG en Ourense tras gañar a segunda volta das primarias por 663 votos (64,37%) á deputada Noela Blanco, que conseguiu 352 apoios (34,17%). Villarino únese así a Valentín González Formoso, novo líder do partido na Coruña, Álvaro Santos, en Lugo, e David Regades, en Pontevedra.
A Garda Civil atopa en Rianxo o corpo de Diana Quer, a moza desaparecida na Pobra do Caramiñal en agosto de 2016. Os axentes foron conducidos ao lugar, na parroquia de Asados, polo presunto asasino, detido hai dous días tras tentar atacar outra moza en Boiro. Consulta aquí a información
Rajoy despide o ano dende "Sangenjo" -en referencia a Sanxenxo- na súa conta de Twitter tras participar na inauguración da ponte de Rande.
O derradeiro derbi galego do ano no baloncesto, entre o Breogán e o Coruña, remata con vitoria dos lucenses (84-73), que organizarán a Copa como líderes ao remate da primeira volta da LEB Ouro.
Rajoy pecha o seu primeiro ano de goberno en minoría con todas as súas leis máis polémicas en vigor. O Goberno de España botou man sistematicamente dos vetos para impedir que leis promovidas pola oposición ou as comunidades autónomas chegasen a ser debatidas e puidesen ser aprobadas. Un balance de eldiario.es