SOS Sanidade Pública denuncia o dobre pagamento sanitario que vai poñer en marcha o Goberno e propón como alternativa un uso máis racional e eficiente dos recursos
Fálase
Indignación nas redes sociais en Portugal contra El Corte Inglés polas súas viaxes organizadas para cazar en Limpopo, Sudáfrica, onde abater unha xirafa custa 2.200 euros e un búfalo 12.500. Cóntao Público
O martes comezou a emitirse na canle internacional Russia Today o programa de entrevistas de Julian Assange, cun encontro co líder de Hezbolá
#YPF O adestrador arxentino do Athletic de Bilbao, Marcelo Bielsa, opina sobre o conflito por YPF: "Celebro que o meu país recuperase unha fonte tan importante para o seu futuro"
A Comisión Europea pide a todos os estados da UE que apoien "unidos" a España e Italia ante as dificultades económicas. Ademais, Barroso creo que hai "pouca solidariedade" en Europa.
Benestar mestura nun centro menores desamparados con rapaces conflitivos, segundo informa El País. O peche do centro público de menores Montealegre, cuxa reapertura non asegura a conselleira Beatriz Mato, provoca que os cativos compartan espazo.
Novo escándalo do exército estadounidense. Los Angeles Times revela imaxes de soldados dos EUA fotografándose ao carón de combatentes afganos falecidos.
Rajoy confirma contactos coa mexicana Pemex para lograr encargos para asteleiros galegos. Nas reunións participou tamén o presidente da Xunta, Núñez Feijóo.
#YPF O BNG defende na Eurocámara, a través da súa deputada Ana Miranda, "o dereito de Arxentina para decidir sobre os seus recursos enerxéticos en beneficio do interese público dos seus cidadáns".
Galicia perdeu 141.000 empregos desde o inicio da crise e a tendencia é continuar "perdendo" postos de traballo. "O futuro é moi negro", asegura un estudo presentado por CCOO-Galicia.