Ciudadanos Galicia avala a reforma electoral de Rivera, aínda que reduza escanos a Galicia. A proposta da formación ao PP suporía que Lugo e Ourense perdesen representación e que Balar deixase a Deputación.
Fálase
ACTUALIZAMOS | Cinco incendios requiren actualmente desaloxos pola súa proximidade a vivendas: o de Soutomaior-Redondela iniciado este martes e outros catro rexistrados na tarde deste mércores tamén en Soutomaior (Arcade), Santiago (Fecha), Porto do Son (Baroña) e Avión (Nieva). A Xunta actualiza o estado de todos os lumes ás 9.00, 13.30 e 20.00 horas.
Galicia perde por só dous puntos ante Francia e queda fóra da final do Mundial de fútbol gaélico. Loitará agora pola terceira praza logo dunha excelente participación nos Xogos que se celebran en Dublín e tras vencer na segunda fase a Alemaña e a actual campioa, Arxentina.
O alcalde de Fene, Juventino Trigo (BNG, 4 concelleiros) queda gobernando en minoría. Vén de cesar aos seus socios de goberno de PSdeG (3) e Somos Fene (2). O PP ten 7 concelleiros e Esquerda Unida unha.
Rajoy vaise de ponte a Pontevedra para “reflexionar” sobre as negociacións con Ciudadanos para a súa investidura, conta Europa Press.
Un novo incendio ameaza vivendas en Fecha, Santiago. A finais de xullo xa se rexistrara outro de 47 hectáreas na mesma parroquia.
A Xunta dá por controlados os incendios de Cotobade e Mondariz tras queimar 565 hectáreas. Só o de Soutomaior e Redondela, con máis de 200 hectáreas, mantén activados agora os desaloxos por proximidade a vivendas. Actualizamos datos.
O incendio de Soutomaior e Redondela leva xa 200 hectáreas queimadas. Tanto ese lume como o de Cotobate, de 365 hectáreas, seguen en “Situación 2” por risco para as vivendas.
As multas de Facenda en Galicia alcanzan un récord e case os 14 millóns de euros en 2015 logo de aumentar un 21%.
Trump bromea con asasinar a Clinton se é necesario para defender o dereito a levar armas. O candidato republicano intenta xustificarse logo en Twitter.