O CD Lugo leva o derbi ante o Deportivo (1-0) e aférrase á permanencia na Segunda, mentres o conxunto coruñés se complica o ascenso á Primeira. (Imaxe: CD Lugo)
Fálase
26M | O PP de Pontevedra escenifica a súa promesa de eliminar os composteiros comunitarios da cidade co seu candidato subido a un deles cun pico na man. Segundo Rafael Domínguez, o plan de compostaxe do goberno local é un "fracaso". Recólleo Pontevedra Viva (Imaxe: PP Pontevedra)
26M | O BNG da Rúa íspese para reivindicar a limpeza do encoro de San Martiño. "Esta é unha metáfora coa que queremos dar a entender que Iberdrola nos deixa espidos para levar fóra todo o que produce aquí" sen se ocupar de manter acondicionadas as augas, resalta a candidata da formación, María G. Albert, en declaracións que recolle O Sil.
O Deportivo feminino xógase desde as 12 horas o ascenso á elite do fútbol contra o Femarguín canario, ao que venceu no partido de ida 2-0. O partido pódese seguir pola G2 ou pola web da CRTVG.
O Breogán cae en Andorra (91-84) e certifica o seu descenso á Liga LEB. O Obradoiro podería asegurar hoxe a salvación se vence o Estudiantes en Madrid.
As enquisas de Faro de Vigo e La Opinión dan unha "vitoria galáctica" a Caballero e outra "axustada" á socialista Inés Rey na Coruña de cara ao 26M. O 'tracking' de La Voz dálle a posibilidade ao PSOE de gobernar as catro cidades. A enquisa de El País para A Coruña outorga tamén a vitoria aos socialistas.
Gonzalo Caballero acusa a Feijóo de "abandonar" o medio rural e de "facer política contra os concellos". O líder do PSdeG acompañou a alcaldesa de Sarria na feira de San Isidro da localidade.
Empeza este sábado a folga de pilotos de helicópteros Babcock, que realizan labores de salvamento marítimo e loita contra os incendios en Galicia, para a que a Xunta decretou uns servizos mínimos do 100%. Os pilotos advertiran hai un mes da posible paralización das emerxencias aéreas.
Falece un surfista na praia do Dique, en Porto do Son, segundo informa o 112. Malia a mobilización de diferentes servizos sanitarios e de emerxencia, "nada puideron facer por salvarlle a vida".
Falece Alexandre Sánchez Vidal, ex-tenente de alcalde de Ourense polo BNG e destacada figura do nacionalismo na cidade.