O escritor Bieito Ledo será o candidato do PSdeG á alcaldía de Xunqueira de Ambía. O que fora director de Galaxia e fundador de Ir Indo foi apoiado polo líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, na súa presentación.

O escritor Bieito Ledo será o candidato do PSdeG á alcaldía de Xunqueira de Ambía. O que fora director de Galaxia e fundador de Ir Indo foi apoiado polo líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, na súa presentación.
PP e Ciudadanos convocan manifestacións contra o Goberno de Pedro Sánchez en Madrid por consideraren que pon en risco a unidade de España ao aceptar a presenza dun "relator" que dea conta das negociacións políticas do PSOE cos partidos soberanistas cataláns. Tras estes anuncios a formación de extrema dereita Vox anunciou que se suma á mobilización (Imaxe: eldiario.es)
O PP financiou parte da súa campaña das xerais de 2011 con facturas falsas e pagamentos ocultos, segundo a Garda Civil. É unha información de El Confidencial derivada da trama Púnica sobre os comicios nos que os de Rajoy venceron con maioría absoluta.
O secretario municipal de Vigo, ex-alto cargo de Feijóo, négase a comparecer na comisión de investigación sobre o Marisquiño no Parlamento. José Riesgo Boluda, que foi 'número 2' da Consellería de Economía, xa avalara que Abel Caballero non colabore na investigación política por entender que a Cámara autonómica non ten competencias sobre a administración local.
A Academia Galega do Audiovisual fará públicos este xoves os finalistas dos XVII Premios Mestre Mateo, cuxa gala do 2 de marzo na Coruña estará dirixida pola directora, actriz e produtora Sonia Méndez, responsable do Carballo Interplay.
O Goberno central revoga a declaración de utilidade pública do colectivo ultracatólico Hazte Oir, que obtivera en 2013 esta condición que facilita o acceso a axudas públicas e dá vantaxes fiscais ao financiamento. É unha información que avanza a Cadena SER.
Alfonso Rueda asume dende hoxe a xestión ordinaria da Presidencia da Xunta. A remuda durará ata que Alberto Núñez Feijóo regrese da viaxe oficial a Estados Unidos, que inicia hoxe en Miami e que está previsto que se estenda ata a fin de semana.
Entra en servizo en Santiago a variante de Aradas, unha estrada de quilómetro e medio cuxo proxecto se remonta a hai 16 anos e que permite ao tráfico procedente da Costa da Morte, moito del de camións, acceder ao polígono industrial do Tambre sen internarse no casco urbano.
Esquerra Republicana de Catalunya prevé presentar unha emenda á totalidade dos Orzamentos Xerais do Estado e o PdeCAT fará o mesmo. Co xuízo aos dirixentes independentistas cataláns como pano de fondo, a posible caída das contas do Goberno de Pedro Sánchez pode precipitar a convocatoria de eleccións xerais.
Feijóo inicia este martes unha viaxe de cinco días aos Estados Unidos. O presidente da Xunta prevé manter diferentes encontros de tipo económico e turístico en Miami e Nova York "co obxectivo de reforzar os lazos turísticos cara ao Xacobeo", segundo informa a Xunta. Na imaxe, Feijóo nun acto con empresarios dos EUA en 2016.