A Academia Galega do Audiovisual fará públicos este xoves os finalistas dos XVII Premios Mestre Mateo, cuxa gala do 2 de marzo na Coruña estará dirixida pola directora, actriz e produtora Sonia Méndez, responsable do Carballo Interplay.

A Academia Galega do Audiovisual fará públicos este xoves os finalistas dos XVII Premios Mestre Mateo, cuxa gala do 2 de marzo na Coruña estará dirixida pola directora, actriz e produtora Sonia Méndez, responsable do Carballo Interplay.
O Goberno central revoga a declaración de utilidade pública do colectivo ultracatólico Hazte Oir, que obtivera en 2013 esta condición que facilita o acceso a axudas públicas e dá vantaxes fiscais ao financiamento. É unha información que avanza a Cadena SER.
Alfonso Rueda asume dende hoxe a xestión ordinaria da Presidencia da Xunta. A remuda durará ata que Alberto Núñez Feijóo regrese da viaxe oficial a Estados Unidos, que inicia hoxe en Miami e que está previsto que se estenda ata a fin de semana.
Entra en servizo en Santiago a variante de Aradas, unha estrada de quilómetro e medio cuxo proxecto se remonta a hai 16 anos e que permite ao tráfico procedente da Costa da Morte, moito del de camións, acceder ao polígono industrial do Tambre sen internarse no casco urbano.
Esquerra Republicana de Catalunya prevé presentar unha emenda á totalidade dos Orzamentos Xerais do Estado e o PdeCAT fará o mesmo. Co xuízo aos dirixentes independentistas cataláns como pano de fondo, a posible caída das contas do Goberno de Pedro Sánchez pode precipitar a convocatoria de eleccións xerais.
Feijóo inicia este martes unha viaxe de cinco días aos Estados Unidos. O presidente da Xunta prevé manter diferentes encontros de tipo económico e turístico en Miami e Nova York "co obxectivo de reforzar os lazos turísticos cara ao Xacobeo", segundo informa a Xunta. Na imaxe, Feijóo nun acto con empresarios dos EUA en 2016.
Finaliza a nova edición de 21 días co galegocun acto en Tomiño centrado no chamamento a que a rapazada que participou do proxecto continúe a utilizar a lingua galega na súa vida cotiá. Desta volta o proxecto impulsado dende o IES da Pobra pola profesora Pilar Ponte estendeuse a institutos de Santiago, Monforte, Ourense e Tomiño.
VÍDEO | Contaminación luminosa. Cando o problema vai moito máis alá de non poder ver as estrelas. Unha reportaxe de Vinte en colaboración cos Museos Científicos da Coruña.
A ministra de Industria asegura que o Estado "xa avalía ofertas" de compra para Alcoa. Reyes Maroto amosa a súa confianza en conseguir un investidor para a planta da Coruña e di "non entender" as críticas da Xunta ao Goberno central durante unha visita a Vigo.
Falece o alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro (PP), aos 68 anos, segundo confirma o seu partido. Pereiro, rexedor deste concello dende 1999, levaba varios días hospitalizado por mor do agravamento do seu estado de saúde.