Finaliza a nova edición de 21 días co galego cun acto en Tomiño centrado no chamamento a que a rapazada que participou do proxecto continúe a utilizar a lingua galega na súa vida cotiá. Desta volta o proxecto impulsado dende o IES da Pobra pola profesora Pilar Ponte estendeuse a institutos de Santiago, Monforte, Ourense e Tomiño.
