Esta fin de semana viralizouse nas redes sociais esta imaxe de @YoliVidal dun mapa que sitúa a Galicia en Cataluña (e viceversa). O mapa, que se atopa no pub compostelán Medusa dende hai tempo, é unha creación de Xesús Carballido.

Esta fin de semana viralizouse nas redes sociais esta imaxe de @YoliVidal dun mapa que sitúa a Galicia en Cataluña (e viceversa). O mapa, que se atopa no pub compostelán Medusa dende hai tempo, é unha creación de Xesús Carballido.
Diego Calvo, presidente do PP da Coruña, amósase disposto a pactar con Vox nos concellos galegos tralas eleccións do vindeiro mes de maio. Calvo afirmou nunha entrevista na Cadena Ser que o PP "non fai cordóns sanitarios a ninguén". "Se hai que pactar con algúen, ponse enriba da mesa unha serie de puntos e se podemos converxer, facémolo", engadiu.
50 voluntarios e voluntarias das Brigadas Deseucaliptizadoras plantaron 1.000 árbores autóctonas na contorna dunha turbeira nos montes de Froxán (Lousame), coincidindo co Día Mundial das Zonas Húmidas, destacando a importancia destes espazos "na conservación da biodiversidade e da loita contra o cambio climático". "É un cambio de paradigma: en vez de queixarnos polos incendios, ábrense vías para que a xente tente transformar o monte", dicíannos nesta entrevista.
O centro social compostelán da Gentalha do Pichel celebrou este sábado o seu 15 aniversario cun acto no Museo do Pobo Galego. Isto foi o que nos contaban na conmemoración do seu décimo aniversario: "Com a tenacidade das formigas atingimos êxitos humildes mas reais"
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou este sábado na Convención Rexional sobre Europa do Partido Socialista Portugués, un foro no que se fixo fincapé na importancia da cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal. Caballero destacou o traballo dos gobernos socialistas de España e Portugal, "cunha axenda social compatible coa recuperación económica"
Continúa a medrar a incidencia da gripe en Galicia. Dende o inicio da tempada da enfermidade, declaráronse 467 ingresos nos hospitais do país (274 xa de alta), con 9 mortes. En 8 dos casos os falecidos non estaban vacinados.
Un tren da liña Porto-Valença perde un motor cando circulaba con pasaxeiros á altura de Viana do Castelo, sen que se rexistrasen feridos, aínda que a máquina caeu e foi arrastrada ao longo da vía. A locomotora, alugada por Portugal a Renfe, emprégase tamén no traxecto ata Vigo. A CGT reitera a súa demanda de modernización ferroviaria no sur de Galicia, lembrando o accidente producido hai dous anos no Porriño que deixou catro mortos
Remite o temporal, que onte deixou ventos de 141,5 km/h en Carnota e máis de 120 km/h en Viveiro, Cedeira e Malpica e que obrigou a cortar a A6 entre Pedrafita e Baralla algunhas horas. Hoxe haberá algunhas chuvias dispersas, con neve por riba dos 600 metros, e o domingo Galicia estará baixo a influencia dun anticiclón.
Estados Unidos ameaza a Nicolás Maduro con ser enviado á prisión de Guantánamo se non abandona o poder en Venezuela. Afirmouno John Bolton, asesor de seguridade nacional de Donald Trump. (Imaxe de arquivo divulgada pola Casa Branca)
Vinte estrea o novo videoclip de Atrás Tigre, ABISAL, o tema co que a banda participa no recompilatorio Galician Bizarre III. O realizador do vídeo é o creador Jesús Castro Yáñez. Pódelo ver en exclusiva aquí