Vinte estrea o novo videoclip de Atrás Tigre, ABISAL, o tema co que a banda participa no recompilatorio Galician Bizarre III. O realizador do vídeo é o creador Jesús Castro Yáñez. Pódelo ver en exclusiva aquí

Vinte estrea o novo videoclip de Atrás Tigre, ABISAL, o tema co que a banda participa no recompilatorio Galician Bizarre III. O realizador do vídeo é o creador Jesús Castro Yáñez. Pódelo ver en exclusiva aquí
O temporal está a deixar numerosas incidencias por toda Galicia. Ata as 8 da mañá foran un total de 72, a maioría por caída de árbores e pólas nas estradas e tamén asolagamentos, segundo informa o 112. A neve está a provocar dificultades para circular en áreas montañosas de Ourense e Lugo. A alerta meteorolóxica é vermella no litoral atlántico e laranxa, no cantábrico. Na imaxe, a autovía A-6 preto de Pedrafita.
Hoxe comeza en Madrid o proceso xudicial do Concello de Santiago contra os herdeiros de Franco para a devolución das esculturas do Mestre Mateo orixinarias da Catedral compostelá. Ás portas dos xulgados o alcalde, Martiño Noriega, advertiu que a familia teme que o xuízo xere un "precedente" para recuperar o patrimonio espoliado pola ditadura. O máis destacado da sesión, hoxe en Praza.gal
En marcha o traslado dos dirixentes independentistas cataláns presos a cárceres madrileños entre mobilizacións a prol da súa liberdade. O Supremo decidiu trasladar os dirixentes para o inicio do xuízo contra eles, que comeza a vindeira semana. (Imaxe: ANC)
Os concelleiros José Manuel Sande, Eugenia Vieito e Daniel Díaz Grandío confirman que non repetirán na candidatura da Marea Atlántica para as vindeiras municipais. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, transmitiu as "grazas polo esforzo" dos últimos anos tras faceren pública a decisión. A fin de semana remata o prazo de candidaturas das primarias da formación.
Con case cinco anos de atraso, o Consello da Xunta aproba definitivamente o decreto que regula a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga). O DOG publicará nos próximos días un texto que a Lei de inclusión social aprobada a finais de 2013 obrigaba a ter listo en seis meses e que ata dous conselleiros, Mato e Rey Varela, non foron quen de rematar.
O xulgado denega a suspensión cautelar da baixada dos prezos do autobús urbano da Coruña pretendida pola empresa concesionaria. As novas tarifas aprobadas polo Concello entrarán en vigor mañá, segundo o previsto inicialmente, segundo vén de informar o goberno local. Consulta aquí toda a información
O Athletic de Bilbao bate o récord europeo de asistencia a un partido de fútbol feminino con 48.121 persoas a presenciar en San Mamés o encontro do equipo vasco fronte ao Atlético de Madrid nos cuartos de final da Copa da Raíña.
Fomento corrixirá na súa web topónimos como “El Ferrol”, “Bayona”, “Sanjenjo”, “La Guardia”, “Lage”, “El Grove”, “Puebla del Caramiñal”, “Santa Eugenia de Ribeira” ou “Isla de la Toja”, cos que se ata agora se refire ás capitanías marítimas. Así o vén de confirmar en resposta a unha pregunta da deputada Alexandra Fernández (En Marea).
O PP xustifica no Parlamento galego o complexo comercial do Celta nun monte comunal para o que aínda non ten permiso porque “Mos ten dereito a crecer”. Toda a oposición pedía a paralización do “pelotazo” pero os populares apoian á empresa como arma política contra o Concello de Vigo.