Os concelleiros José Manuel Sande, Eugenia Vieito e Daniel Díaz Grandío confirman que non repetirán na candidatura da Marea Atlántica para as vindeiras municipais. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, transmitiu as "grazas polo esforzo" dos últimos anos tras faceren pública a decisión. A fin de semana remata o prazo de candidaturas das primarias da formación.
Fálase
Con case cinco anos de atraso, o Consello da Xunta aproba definitivamente o decreto que regula a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga). O DOG publicará nos próximos días un texto que a Lei de inclusión social aprobada a finais de 2013 obrigaba a ter listo en seis meses e que ata dous conselleiros, Mato e Rey Varela, non foron quen de rematar.
O xulgado denega a suspensión cautelar da baixada dos prezos do autobús urbano da Coruña pretendida pola empresa concesionaria. As novas tarifas aprobadas polo Concello entrarán en vigor mañá, segundo o previsto inicialmente, segundo vén de informar o goberno local. Consulta aquí toda a información
O Athletic de Bilbao bate o récord europeo de asistencia a un partido de fútbol feminino con 48.121 persoas a presenciar en San Mamés o encontro do equipo vasco fronte ao Atlético de Madrid nos cuartos de final da Copa da Raíña.
Fomento corrixirá na súa web topónimos como “El Ferrol”, “Bayona”, “Sanjenjo”, “La Guardia”, “Lage”, “El Grove”, “Puebla del Caramiñal”, “Santa Eugenia de Ribeira” ou “Isla de la Toja”, cos que se ata agora se refire ás capitanías marítimas. Así o vén de confirmar en resposta a unha pregunta da deputada Alexandra Fernández (En Marea).
O PP xustifica no Parlamento galego o complexo comercial do Celta nun monte comunal para o que aínda non ten permiso porque “Mos ten dereito a crecer”. Toda a oposición pedía a paralización do “pelotazo” pero os populares apoian á empresa como arma política contra o Concello de Vigo.
O xornal vasco Gara denuncia o "duro golpe" que supón para o seu proxecto ter que asumir as débedas coa Seguridade Social do antigo Egin, pechado por orde da Audiencia Nacional nun procedemento declarado nula en 2009 polo Tribunal Supremo. (Imaxe: Naiz).
Bruxelas garante que o alumnado de Erasmus poida completar o curso en caso de Brexit sen acordo. A 30 marzo, a data da saída do Reino Unido da UE, serán 14.000 os mozos europeos que se atopen alí, por 7.000 os británicos noutros países comunitarios.
Así soa a música de Xabier Díaz nas voces do alumnado de galego do instituto Cañada Blanch de Londres. Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre actúan este mércores na capital británica.
A Fiscalía de Venezuela prohibe que abandone o país Juan Guaidó, autoproclamado presidente. Mentres, Estados Unidos xa di confiar en que petroleiras norteamericanas operen en territorio venezolano se cae o Goberno de Nicolás Maduro. Na imaxe, unha mobilización do PSUV a prol de Maduro.