Apple vendeu dez millóns de unidades do iPhone 6 na súa primeira fin de semana nas tendas, mellorando o lanzamento do iPhone5, que distribuíra nove millóns no mesmo prazo.
Fálase
Pablo Iglesias aposta por que Podemos non se presente ás municipais e apoie plataformas cidadás como as mareas ou Ganemos. O núcleo forte da formación si quere que a organización concorra ás autonómicas.
Mallandroid, o medio galego de referencia sobre Android, lanza un plan de micromecenado para pedir a colaboración económica da súa audiencia. Pódese colaborar con eles dende 3 euros. Na súa web explican como facelo
O presidente da RAG defende a homenaxe a Filgueira Valverde no Día das Letras porque "non era falanxista nin tecnicamente franquista". Alonso Montero afírmao nunha entrevista con El País
Coincidindo co Celta-Dépor que este martes se xoga en Balaídos, a Oficina Dereitos Sociais - Coia realizará preto do estadio unha recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. "Estamos cansas de escoitar que non hai cartos para cubrir as necesidades básicas das persoas", din, e lembran as cantidades dedicadas a pagar as débedas dos clubes ou a construción de novos estadios
Nicolas Sarkozy afirma que regresa á primeira liña da política francesa como vía pra frear a Fronte Nacional de Marine Le Pen
Nova York acolle o vindeiro martes o Cumio sobre o Clima da ONU. Esta fin de semana cidades de todo o planeta viviron manifestacións en defensa do medio ambiente.
Está a ser unha tarde de intensas treboadas no interior do país. Segundo Meteogalicia, ata as 8 da tarde xa caeran máis de 6.000 lóstregos.
Grupos antiabortistas esixen nunha manifestación que o PP execute a contrarreforma do aborto e ameazan con deixar de votar o partido de Rajoy se non o fai. Recólleo El Diario.
O Scottish National Party suma 9.000 novos membros dende o referendo do pasado xoves, segundo vén de anunciar a formación escocesa.