O Banco Central Europeo (BCE) asume a defensa da austeridade a calquera prezo. Non haberá unha moratoria para que España non teña que pechar 2012 cun déficit do 4,4%, case catro puntos por debaixo da taxa actual. Se Bruxelas e Frankfurt perseveran nesta liña, o recorte de Rajoy ao longo de 2012 tería que ascender a uns 40.000 millóns de euros. O presidente do BCE fixo estas declaracións ao Wall Street Journal.
Fálase
Dúas rapazas galegas, finalistas do concurso internacional 'YouTube Space Lab', organizado pola NASA e a Axencia Espacial Europea. Laura Calvo e María Vilas, de 15 anos, que estudan no colexio público Dos Dices da Coruña, viaxarán agora a Washington para participar na final.
Os nomes para novas rúas de Santiago, proposto polo alcalde, Gerardo Conde Roa, e aprobado por PP e PSdeG, inclúe ao cardeal Rouco Varela, aos ex presidentes Touriño e Laxe, ao Papa Bieito XVI, a Enrique Rajoy, ao Batallón Literario e a José María Aznar, entre outros. Velaquí o listado completo.
Praza regálavos dous convites para ver a Marful esta fin de semana
Julio Fernández Gayoso e Mauro Varela, copresidentes de Novacaixagalicia, teñen substitutos no consello de administración do banco ao que a caixa transferiu todo o seu negocio financeiro. As persoas que ocuparán o seu lugar son vellas coñecidas das caixas: Gonzalo Ortiz e Pilar Cibrán. Gayoso e Varela non cobrarán indemnización de NGB.
Ao PP tampouco lle serve Joan Tardá para representar o Grupo Mixto do Congreso Comisión de Segredos Oficiais. Di "respectar" o deputado de ERC e asegura non desexar "un baile de nomes", pero vetará as propostas se implican integrar un deputado de Esquerra ou de Amaiur.
E tamén en Compostela (via @rubencomesana)
Moita participación tamén en Ourense na manifestación en defensa dos servizos públicos
Despois de Manuel Fraga, José María Aznar e o Papa Bieito XVI tamén terán rúas en Santiago
Milleiros de persoas tamén na manifestación de Lugo (via @xsglugo)