El Diario repasa nun especial o máis destacado dos seus dous anos de vida e aborda, asemade, os seus retos de futuro.
Fálase
O DOG publica este xoves o decreto de delimitación do Camiño Inglés a Santiago.
Portos accede a abrir o entorno do faro de Lariño (Carnota), unha das reivindicacións da platafoma Salvemos o Faro, que traballa para a cesión do edificio, hoxe abandonado, para o uso da veciñanza e do Concello.
Un xulgado de Vigo cita a Abel Caballero a un acto de conciliación a petición da Asociación Veciñal de Teis, polas inxurias que nun programa de televisión o rexedor dirixiu contra directivos da entidade. O alcalde, que recentemente privatizou a xestión do centro cívico do barrio, antes responsabilidade dos veciños, afirmou que a asociación empregaba os cartos "para asuntos particulares"
Sectores do PP, críticos co "silencio" de Rajoy sobre a reforma da lei do aborto. Dende representantes dos sectores ultra, molestos pola suposta paralización da norma, até outros que cren que a incerteza prexudica a imaxe do partido ante a sociedade.
16 colectivos cataláns presentan acampaña "Esquerres pel #Sí-Sí", entre eles CUP, ERC, Procés Constituent e dúas sectoriais de ICV, así como un cento de personalidades da política, a cultura ou o asociacionismo. Defenden un proceso no que se "poda decidir todo", centrado nas clases populares e non na identidade.
Pedro Sánchez chama a 'Sálvame' para prometer unha lei contra o maltrato animal. O secretario xeral do PSOE contacta en directo co polémico programa do corazón pola polémica do Toro de la Vega.
Ourense en Común presentouse hoxe ante a prensa, antes da asemblea aberta que celebrará mañá ás 20 horas na praza Maior. Foto de @guimarey_iPOU.
Inditex gaña 928 millóns no primeiro trimestre, un 2,4% menos respecto ao mesmo período do ano anterior.
Esta fin de semana celébrase o Kernel 2014, a undécima edición o Ciberencontro Concello de Mugardos, unha xuntanza impulsada pola Comunidade O Zulo, e centrada no software e a cultura libre