Rajoy, disposto a ilegalizar os gobernos municipais de coalición aínda que non conte co apoio do PSOE, segundo publica este mércores El País na súa primeira páxina.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/53f430008c909-elpais.750.jpg)
Rajoy, disposto a ilegalizar os gobernos municipais de coalición aínda que non conte co apoio do PSOE, segundo publica este mércores El País na súa primeira páxina.
Os colexios que segregan por sexo aplauden que a Xunta lles devolva os concertos e cualifican de "moderno" o seu sistema de ensino. "A única discriminación é o fracaso escolar", aseguran. Recólleo Faro de Vigo.
Os colectivos de persoas estafadas coas preferentes calculan que aínda restan uns 200 millóns de euros por devolver. Recólleo El País.
Véndex tivo 3 millóns en contratos e subvencións da Xunta entre 2005 e 2009. O Goberno galego respondeu unha pregunta do PSdeG ao respecto facilitando só os datos do período do bipartito, o cal atribuíu a un "erro". Publícao Europa Press na súa web.
O BNG homenaxeou esta mañá a Ánxel Casal en Compostela cun acto público polo aniversario do asasinato do que fora alcalde da capital galega. O Concello de Teo tamén lembra a figura de Casal con varios actos institucionais que inclúen unha ofrenda no lugar no que foi asasinado, en Cacheiras.
Netanyahu ordena bombardear Gaza de novo tras denunciar o lanzamento de tres foguetes desde a Franxa e que caeron en zonas deshabitadas.
Un vídeo amosa os golpes de policías marroquís a inmigrantes en Melilla o pasado 13 de agosto.
O Ministerio de Educación dálle o visto e prace á creación dunha fundación para eloxiar a figura do líder ultradereitista Blas Piñar, falecido o pasado xaneiro. Cóntao El País
As obras do AVE reciben sancións mínimas por danar ríos. A destrución dun leito en Ourense sáldase cunha multa de 7.500 euros.
Vinte e cinco petroleiras buscan xacementos onde faena a frota galega no Gran Sol. A área afectada roza os 16.000 metros cadrados, segundo conta Faro de Vigo.