Os colectivos de persoas estafadas coas preferentes calculan que aínda restan uns 200 millóns de euros por devolver. Recólleo El País.
Fálase
Véndex tivo 3 millóns en contratos e subvencións da Xunta entre 2005 e 2009. O Goberno galego respondeu unha pregunta do PSdeG ao respecto facilitando só os datos do período do bipartito, o cal atribuíu a un "erro". Publícao Europa Press na súa web.
O BNG homenaxeou esta mañá a Ánxel Casal en Compostela cun acto público polo aniversario do asasinato do que fora alcalde da capital galega. O Concello de Teo tamén lembra a figura de Casal con varios actos institucionais que inclúen unha ofrenda no lugar no que foi asasinado, en Cacheiras.
Netanyahu ordena bombardear Gaza de novo tras denunciar o lanzamento de tres foguetes desde a Franxa e que caeron en zonas deshabitadas.
Un vídeo amosa os golpes de policías marroquís a inmigrantes en Melilla o pasado 13 de agosto.
O Ministerio de Educación dálle o visto e prace á creación dunha fundación para eloxiar a figura do líder ultradereitista Blas Piñar, falecido o pasado xaneiro. Cóntao El País
As obras do AVE reciben sancións mínimas por danar ríos. A destrución dun leito en Ourense sáldase cunha multa de 7.500 euros.
Vinte e cinco petroleiras buscan xacementos onde faena a frota galega no Gran Sol. A área afectada roza os 16.000 metros cadrados, segundo conta Faro de Vigo.
Máis de 150.000 persoas pasaron pola praia das Catedrais nos primeiros 17 días de agosto. O récord bateuse o día 13, con máis de 14.000 visitantes nunha zona para a que o Concello reclama que sexa declarada parque natural ante os problemas que causan estas aglomeracións.
Audasa é a segunda concesionaria con máis queixas por mor dos continuos atascos. A concesión non rematará ata dentro de 34 anos.