O PSdeG-PSOE ocupará finalmente dous postos na Mesa do Parlamento e deixa fóra da mesma a AGE e BNG. Marisol Soneira e Concepción Burgo serán as representantes socialistas. Abel Losada repite como voceiro.
Fálase
A Plataforma en defensa de Corcoesto convida á empresa Edgewater a un debate público sobre o proxecto mineiro. Remitiulle unha carta certificada e contactou telefonicamente co xerente da compañia e queda á espera da resposta.
A CEOE recoñece que a manifestación de Madrid "foi un éxito", aínda que cre que a folga xeral resultou "un fracaso". O vicepresidente da patronal di entender as razóns dos que saíron á rúa este mércores.
Un conselleiro de NCG asegura que a Xunta tamén supervisou as prexubilacións millonarias. Miguel Argones, representante de Csica no consello de administración, aclara que non viu necesario consultar a documentación porque xa o fixeran o Goberno galego e o Banco de España.
AGE organiza un "cortexo cívico" para acompañar os seus deputados e deputadas á sesión de constitución do Parlamento, mañá pola mañá.
#consellodaxunta O Consello fai efectivo o cesamento de Santiago Camba como secretario xeral de Emigración. O Goberno central nomeouno "conselleiro de Emprego e Seguridade Social" na Arxentina
O ex alcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio, renuncia á acta de concelleiro apenas tres semanas despois de que o seu sucesor tentase asignarlle un soldo malia non ter función ningunha. Gacio está imputado no caso Pokémon. En El País.
O PP ratifica que Pilar Rojo seguirá como presidenta do Parlamento na novena lexislatura autonómica, que comeza mañá.
O Consello de Estado "dubida" da constitucionalidade do euro por receita. Considera que a taxa implantada en Catalunya e Madrid non se axusta á Carga Magna.
Mangouras asegura que "fondear o Prestige era a mellor opción, mellor que levalo a alta mar" durante o xuízo que se celebra na Coruña.