As doce persoas xulgadas pola ocupación da Sala Yago no ano 2011 veñen de ser condenadas ao pagamento dunha multa (360 euros cada unha e 2.000 de forma colectiva) por un delicto de usurpación de inmobles. Dúas delas, ademais, foron condenadas a un ano e medio de prisión por tenza de explosivos, tras asumir este delicto hai dúas semanas durante o xuízo.
Fálase
Condenada a un ano de cadea unha usuaria de Twitter por chistes sobre Carrero Blanco nesta rede social. Está a contalo eldiario.es
Este venres inaugúrase na Coruña a exposición Paredes soñadas, que amosa o restaurado mural Vista de A Coruña 1669, entre outras obras que Lugrís pintou en igrexas, hoteis ou na fábrica de Massó. A mostra poderá verse na sede de Afundación ata o 2 de setembro.
A Revista Dot Galicia está a piques de pechar a súa campaña de crowdfunding para a publicación do segundo volume do libro 50 Ilustradores Galegos Actuais, tralo éxito do primeiro volume, editado en 2014. A obra amosa o traballo de medio cento de profesionais do país e nunha exposición en Compostela pódense ver 200 traballos dun cento de autores e autoras
Esta noite entréganse os Premios María Casares. O Teatro Rosalía de Castro acollerá a gala a partir das 20.30 horas. Emitirase en directo por streaming na web da CRTVG e pola TVG, en diferido, a partir das 23.45 horas. O tolleito de Inishmaan (11 candidaturas), Eroski Paraíso (8), Raclette (5) e Voaxa e carmín (5) encabezan a lista de finalistas. Imma António lerá o manifesto do teatro galego.
A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia convoca un Velorio pola Cultura diante do MARCO de Vigo para este venres ás 20 horas. A entidade amosa a súa preocupación polo futuro do museo vigués e, de forma xeral, polas "políticas culturais da nosa comunidade". Iñaki Martínez anunciou en xaneiro que abandonaría a dirección do centro o vindeiro mes de novembro, alertando da "complicada" situación do MARCO.
Compostela acolleu a preestrea de Vidago Palace, a primera serie de ficción coproducida pola CRTVG e a RTP portuguesa. Comezará a emitirse este mércores na TVG
Unha plataforma veciñal presenta un informe ante a Xunta para que declare Ben de Interese Cultural o Parque do Pasatempo, en Betanzos. O pleno municipal aprobou xa tres mocións demandándolle ao Goberno galego a declaración.
Theresa May asina a carta que inicia o proceso de saída do Reino Unido da UE, activando o artigo 50 do Tratado da Unión. O proceso durará un máximo de dous anos.
O presidente de RTVE será nomeado por consenso e o PP vese obrigado a aceptar. A reforma do ente inicia o seu trámite parlamentario